Madrid

Peleteiro buscará a mínima olímpica. (Foto: EP).
DEPORTES

Ana Peleteiro e Adrián Ben volverán á acción o 22 de xullo en Madrid

A detida, Ana González Martínez, con Rocío Monasterio. (Foto: Vox Parla)
Estado español

Detida unha candidata de Vox nunha operación antidroga en Madrid

A 'número tres' da extrema dereita en Parla e actual concelleira da corporación municipal, Ana González Martínez, foi detida como presunta autora dos delitos de tráfico drogas, branqueo de capitais e defraudación de fluído eléctrico. Meses atrás protagonizara un vídeo con Rocío Monasterio no que denunciaba os "problemas de delincuencia e drogas" do seu municipio.

Os prexuízos do centralismo

O teatro madrileño

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, no centro (Foto: Europa Press).
star
SOCIAL

Galiza e Madrid sitúanse á cola do Estado en investimento en Atención Primaria

O Ministerio de Sanidade vén de publicar a Estatística de Gasto Sanitario e Galiza, cun envellecemento e cunha dispersión territorial que encarecen os servizos, volve situarse nos postos de cola en investimento en Atención Primaria, só por diante de Madrid.
Edificio do Tribunal Constitucional en Madrid (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O Constitucional admite a trámite o recurso da Xunta contra o imposto ás grandes fortunas

Volve rexeitar a suspensión cautelar deste tributo para patrimonios superiores aos 3 millóns de euros.

O buque AOR 'Stalwart' no porto de Ferrol o pasado maio antes de partir a terras australianas (Foto: Navantia).
TRABALLO

O persoal de Navantia reivindica con paros parciais a mellora do convenio

O comité ferrolán negociará hoxe co Goberno estatal.
Cada vez son menos as persoas que fan a declaración da renda de forma presencial nas oficinas da Axencia Tributaria (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Ayuso promete ante Rueda agudizar o 'dumping' fiscal que provoca fugas de capital na Galiza

A presidenta da Comunidade de Madrid prometeu esta segunda feira unha nova rebaixa do IRPF en todos os seus tramos se gaña as próximas eleccións autonómicas do 28 do maio. Unha medida que podería agravar a fuga de contribuíntes da Galiza para eludir impostos.
O 'Pequeno Nicolás' nunha imaxe de arquivo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
SOCIAL

Condenado a catro anos e tres meses de prisión 'O Pequeno Nicolás' por acceder a bases de datos policiais

Nunha sentenza, os maxistrados da Sección Segunda acordaron absolver o mozo do delito de pertenza a organización criminal que lle atribuía o Ministerio Público.
Axentes policiais no hotel da selección peruana. (Foto: @RolyRobinsonE / Twitter)
INTERNACIONAL

Enfrontamento entre a Policía española e a selección peruana de fútbol: "Queriamos saudar a xente e comezaron a dar puñadas"

O Goberno do Perú pide explicacións ás autoridades españolas para "esclarecer o sucedido". Segundo as primeiras informacións transcendidas, un axente confundiu varios xogadores con seareiros e cargou contra eles.
DEPORTES

ENQUISA | Que opinas da elección de C. Tangana para o novo himno do Celta?

O cantante madrileño Antón Álvarez, coñecido nos escenarios como C. Tangana, será o encargado de renovar o himno do Real Club Celta con motivo do seu centenario, tal e como confirmou esta mañá o propio clube, que despregou unha lona xigante no centro da cidade para tornar en oficial o anuncio que xa se anticipara o pasado ano.

E ti, estás de acordo con esta elección? Cres que o Celta debía escoller outra banda ou artista para a canción do centenario? Quen? Deixa a túa proposta nos comentarios!

Lona instalada polo Celta no centro de Vigo para anunciar a elección de C. Tangana. (Foto: RC Celta)
DEPORTES

O Celta confíalle ao madrileño C. Tangana o himno do centenario

O clube desprega unha lona no centro da cidade para anunciar a elección.

O galego é a lingua propia e (co)oficial

Atlántico? Mediterráneo? Madrid!

Galiza produce, Madrid aprovéitase

Case a metade das empresas que trasladan fóra o seu domicilio social desde a Galiza escollen Madrid como nova sede (Foto: M. Arrazola).
ECONOMÍA

Cando o de Ferrovial pasa na Galiza: tres empresas marchan cada semana da Galiza para outra autonomía

En 2022 mudaron a súa sede social a outro territorio 158 sociedades que estaban na Galiza, 70 delas a Madrid.

Néstor Rego cruzou a liña vermella

Florentino Pérez é o presidente do Real Madrid (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

As construtoras madrileñas copan a obra pública galega

A licitación da obra pública alcanzou a finais de 2022 na Galiza 1.727,7 millóns de euros. Nesa anualidade, as grandes construtoras madrileñas sumaron a práctica totalidade dos contratos do Estado e unha porcentaxe importante das adxudicacións do Goberno e dos concellos galegos. Unha parte destas compañías foi sancionada polo Comisión Estatal de Mercados e Competencia (CNMC) por prácticas fraudulentas.
Factoría de Ence en Pontevedra. (Foto: Xaquín Soliño)
star
ECONOMÍA

Ence: 6 millóns de Imposto de Sociedades en Madrid e 157.000 euros na Galiza

Ence é unha das 4.256 empresas con actividade na Galiza que teñen a súa sede en Madrid. Malia non contar con ningún centro de traballo nesa comunidade, na capital do Estado paga en concepto de Imposto de Sociedades 6,03 millóns de euros mentres que na Galiza tributa 157.000 euros.
Ence (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

4.256 empresas con actividade económica na Galiza pagan os seus impostos en Madrid

A fuga de empresas galegas cara a Madrid continúa aumentando, de maneira que 4.256 compañías con actividade na Galiza pagaron os seus impostos na capital do Estado en 2021. Son 91 máis que en 2020. Unha parte destas sociedades lideran a facturación e a creación de emprego no país.