María Obelleiro
09/xuño/23 17:17
Unha das voces máis autorizadas para conversar sobre sociolingüística é a de María Pilar García Negro, autora de numerosos traballos sobre a lingua galega e cuxa tese de doutoramento, O galego e as leis. Aproximación sociolingüística, de 1991, ofrece unha exhaustiva revisión do tratamento iuslingüístico do idioma propio da Galiza. Mais en 1984, anos antes de ingresar como profesora na Universidade da Coruña, foi expedientada por impartir aulas en galego. Na súa etapa como parlamentaria do BNG, desenvolveu un intenso labor centrado nos usos sociais do galego e ela mesma impulsou iniciativas para modificar e facer cumprir a Lei de Normalización Lingüística. De aí que sexa a persoa acaída para botar a ollada a estes 40 anos.