As remesas das migrantes superan os investimentos estranxeiros directos a nivel global
Máis de 770.000 millóns de euros en 2022
Máis de 770.000 millóns de euros en 2022
Oito anos despois da primeira proposta da Comisión Europea o Parlamento da UE dá luz verde a un novo pacto migratorio duramente cuestionado por organizacións de dereitos humanos e que supón un avance nas políticas defendidas pola extrema dereita.
O pasado ano morreron máis de 8.500 persoas migrantes en todo o mundo, converténdoo no ano máis mortífero nas rutas migratorias desde que a Organización Internacional para as Migracións, unha entidade da Organización das Nacións Unidas, ten rexistros, afirmou a terza feira. Un terzo destas persoas procedía de países en conflito. O organismo advertiu que non están a apreciar signos de mellora no que levamos de 2024.
Cando menos 60 persoas, incluído no mínimo unha crianza, perderon a vida no mar Mediterráneo, confirmaron superviventes rescatadas polo Ocean Viking, informou a quinta feira a organización non gobernamental SOS Mediterranée, que xestiona o buque dedicado ao rescate humanitario. A embarcación partira unha semana antes de Libia e estivo varios días á deriva após estragarse o motor na terceira xornada.
Unicef alertou esta sexta feira do "brutal" incremento de nenos e nenas que arriscan a súa vida no Mediterráneo central para chegar a Europa, que xa ascenden a 11.600 no que vai de ano. A entidade alerta da falta de políticas coordinadas a nivel comunitario para protexer as crianzas que, aínda sobrevivindo, teñen un alto risco de padecer abusos, especialmente no caso das chegadas da África subsahariana.
A autoridades italianas manteñen detido o 'Louise Michel' e, segundo a ONG, tentaron impedir un rescate humanitario. Outro barco, o 'Ocean Viking' da ONG, denuncia que foron perseguidos polos gardacostas libios ante a pasividade italiana.