A inmensa maioría dos países do planeta conmemoraron a cuarta feira o Primeiro de Maio, en cada territorio coas súas particularidades mais coa constante da demanda de mellores condicións laborais, e en múltiples casos reclamando a fin do xenocidio contra o pobo palestino en Gaza.
O asalto da Policía ecuatoriana á embaixada mexicana, violando de forma flagrante os convenios internacionais ao respecto, levan México a presentar unha demanda no principal órgano de Xustiza da ONU e membros do Goberno de Noboa afrontarán un xuízo político.
Javier Milei, o mandatario de extrema dereita arxentino, desencadea un enfrontamento con Colombia, México e Venezuela, ao tempo que a pobreza se dispara no país a consecuencia das súas políticas.
Fanse 30 anos desde que o Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) iniciou a súa travesía cara a conseguir mellores condicións de vida para a poboación indíxena. Foi o 1 de xaneiro de 1994. O aniversario chégalles inmersos nun proceso de fonda reestruturación da súa autonomía. Texto Elvira Branco
Os territorios nos que reside case a metade da poboación mundial están convocados a votar este ano, cando o pobo estadounidense elixe de forma previsíbel entre Trump ou Biden ou o luso determina se a ultradereita volve ao Goberno medio século despois da fin da ditadura.