Ulloa Viva cre “indignante” que a Xunta e o Estado español escoiten antes a Altri que á cidadanía
A Plataforma realizou un acto en Monterroso (A Ulloa) no que elaboraron pancartas e lemas para a manifestación do 26 de abril en Palas de Rei.
A Plataforma realizou un acto en Monterroso (A Ulloa) no que elaboraron pancartas e lemas para a manifestación do 26 de abril en Palas de Rei.
Antonio Gato é a única persoa con responsabilidade de goberno en Monterroso. Ficou sen xunta de goberno e sen ediles e edilas con mando após abandonáreno e marcharen todas e todos eles da candidatura independente baixo a que se presentaron. Gato anunciou que gobernará o concello decreto a decreto.
O derradeiro recurso do PSOE de Monterroso para gañar as eleccións do pasado 26 de maio non funcionou. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) emitiu un ditame esta cuarta feira en que mantén a nulidade do voto reclamado polos socialistas e, así, dá a vitoria a Independentes. O resultado electoral final é de 799 fronte a 798 votos.
Unha moeda ao aire será, probabelmente, quen decida a configuración final da corporación de Monterroso, na bisbarra da Ulloa, corazón xeográfico de Galiza. As dúas listas máis votadas empataron a 798 votos e tres edís. Se os recursos presentados polas partes na Xunta Electoral de Zona de Chantada non prosperan, un sorteo outorgará o cuarto edil.
As mudanzas a tempo poden ser unha vitoria. Algo así pensou o Colectivo Agrocuir da Ulloa, que, despois de cinco edicións con éxito e repercusión crecentes, introduce variacións no seu recoñecido e admriado festival. A primeira, o escenario: este ano as actividades trasládanse a diferentes espazos na vila de Monterroso. A segunda, o prezo: pasa a ser de balde. E para financialo poñen en marcha unha campaña de microfinanciamento.
A Feira do Disco e o Libro Galego de Monterroso consolídase. Para a cuarta edición, que se celebrará na vila ulloá este sábado 16 de marzo, a asociación cultural 25 Xastres preparou un completo programa de presentacións, concertos e obradoiros.
O sismo notouse en moitas comarcas de Galiza. No último ano rexistráronse 23 terremotos nesta mesma zona se ben só 3 foron percibidos pola poboación. Nun primeiro momento situouse en Monterroso e de magnitude 4,1