Nós Diario

Unha persoa deposita o seu voto nunha urna electoral. (Foto: Europa Press)
28-M

Resultados en tempo real, pactómetro e buscador por rúas: Así será a cobertura especial de 'Nós Diario' na xornada electoral

'Nós Diario' ten todo preparado para a cobertura das eleccións municipais deste domingo, 28 de maio, uns comicios chave que servirán para medir a fortaleza das distintas alternativas políticas

Medios informativos manipulados

En galego sempre

En galego, todos os días

Detalles do novo 'Sermos Galiza'.
O sábado non hai xornal

Teresa Táboas e a tempada de lamprea, no 'Sermos Galiza' desta sexta feira

Adiántase a publicación da revista cultural de 'Nós Diario' polo descanso da prensa, que non sairá o sábado.
Alumnado do IES do Barral, de Ponteareas esta cuarta feira na redacción de 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Alumnado do IES do Barral de Ponteareas visitou a redacción de 'Nós Diario'

O estudantado, dividido en dous grupos para facilitar as explicacións, coñeceu como se desenvolve a versión dixital de 'Nós Diario'.
O alumnado do CEP de Ventín, en Ames, que participa no proxecto 'Modo galego, actívao!', comezou a semana pasada o reto '21 
días co galego' .
star
Semana da prensa

Do voluntariado lingüístico á inmersión: propostas para prestixiar o galego

A conmemoración da semana da prensa no ensino continúa en 'Nós Diario' cunha nova entrega centrada na lingua galega. Nesta ocasión, o profesorado expón de que maneira se pode traballar a normalización do galego nas aulas máis alá dos contidos a impartir.
Rafael Quintía cun Meco en Santiago de Arriba, Chantada. (Foto: Rafael Quintía)
star
Entrevistas

Rafael Quintía: Entroido e antropoloxía

O Entroido galego chamou a atención durante décadas a múltiples especialistas. Malia a cantidade de estudos publicados, a celebración segue a sorprender con novos achados froito de investigacións contemporáneas. O antropólogo Rafael Quintía é un dos estudosos que máis traballou nos últimos anos profesionalmente esta celebración invernal, recuperando testemuñas e achegando novas perspectivas sobre o futuro dos rituais que agora forman parte do percorrido turístico da Galiza.
Caseto do pesco de (Foto: Meilán.Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo)
star
Andar e Ver

Meilán-Ombreiro pola beira do Miño

O crítico literario e escritor Mario Regueira. (Foto: Arxina)
star
Libros

As palabras valentes

Neko (Eva Mejuto)
star
Libros

Falar no espelho

Odisea 
(Samudra trío)
star
Música

A boa memoria

Concerto de Grande Amore e Ortiga polo Día dos Medios en Galego
LINGUA

Concerto de Grande Amore e Ortiga polo Día dos Medios en Galego

A compostelá sala Capitol foi o escenario esta quinta feira dun festival de música galega contemporánea, da man de Grande Amore e Ortiga, organizado pola Asociación de Medios en Galego (Amega), da que tamén forma parte Nós Diario, e que serviu como finalización dos actos de celebración do Día dos Medios en Galego, que decorreu a pasada terza feira día 7 de febreiro. O vídeo é da autoría de Seispes.
Escolma de imaxes do 'Sermos Galiza' deste sábado (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Todo sobre o Entroido, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

Entrevistamos ao estudoso Rafael Quintía e analizamos os aspectos máis característicos desta festividade na Galiza.
Amega - Día dos Medios en Galego
LINGUA

Amega - Día dos Medios en Galego

Esta terza feira, 7 de febreiro, como cada ano desde 2018, a Galiza conmemora o Día dos Medios en Galego, unha data que rende homenaxe á publicación xornalística escrita integramente na lingua propia do país, O tío Marcos d'A Portela, editada por vez primeira por Valentín Lamas Carvajal en 1876, en Ourense. A Asociación de Medios en Galego (Amega), da que fai parte Nós Diario canda outras 140 cabeceiras que empregan a lingua propia do país, celebra esta data con este vídeo que pon en valor o galego no xornalismo.

Día dos Medios en Galego

Que gostedes!

83

María Obelleiro, directora de 'Nós Diario'.
Mudanzas en 'Nós Diario'

María Obelleiro: "Queremos abrir o xornal á participación de máis voces"

A directora de 'Nós Diario', María Obelleiro, explica nesta conversa as mudanzas que incorporará o diario en papel e o semanario ao longo do mes de febreiro, coincidindo co terceiro ano da posta en marcha do medio de comunicación.
En 2022 publicáronse 248 números do Diario Oficial da Galiza, isto é, 11 menos que 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
Análise

A xustiza, os dicionarios e a lóxica

O presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. analiza a decisión da Xunta de excluír 'Nós Diario' das axudas á prensa diaria.