Os países europeos da OTAN, en alarma polos arsenais baleiros
Berlín apenas ten munición para dous días de combates.
Berlín apenas ten munición para dous días de combates.
Shalanda Young, directora de orzamento da Casa Branca, subliñou hoxe nunha carta ao Congreso estadounidense que “estamos sen diñeiro para dar apoio a Ucraína”, e sostivo que se o lexislativo non aproba unha nova partida ao respecto “ao final do ano non disporemos de recursos para facilitar máis armas e equipamentos ás forzas ucraínas”. Na misiva, defendeu que sen novas achegas “Ucraína axeonllarase no campo de batalla e isto permitiría prevalecer a [o presidente ruso Vladimir] Putin e á autocracia”. Desde a invasión rusa, Washington entregou case 70.000 millóns de euros a Ucraína, a meirande parte en armamento. Os envíos foron reducíndose nos últimos meses, unha vez constatado o fracaso da contraofensiva ucraína.