Un día máis tarde da data programada para o seu final, 197 Estados e a Unión Europea alcanzaron un acordo nos Emiratos Árabes Unidos, na primeira cimeira do clima da ONU na que se mencionan de forma explícita os combustíbeis fósiles no seu conxunto, e a súa fin como un dos pasos imprescindíbeis para limitar o cambio climático.
Cos debates centrados na "eliminación" ou "redución" do uso de combustíbeis fósiles e na responsabilidade dos Estados de máis ingresos de financiar a implementación dos mecanismos de adaptación e mitigación ao quecemento global do resto do mundo, a organización da COP-28 nos Emiratos Árabes Unidos avanzou que está moi perto o acordo final.
Malia que a mención a todos os combustíbeis fósiles por vez primeira recibiu eloxios, outros países que piden ir máis aló advirten de que o consenso está lonxe por considerar insuficiente falar de redución e non de supresión.
O custo do petróleo acumula tres meses de intensa suba, cun encarecemento do barril tipo Brent, de referencia no continente europeo, que supera 33%. Ademais, estes aumentos poderían ser unha antesala dunha espiral alcista aínda maior, con vaticinios que sinalan que o barril deste combustíbel alcanzará proximamente os 100 dólares, algo que tería duras implicacións económicas tanto na Galiza como a nivel mundial.
As autoridades portuguesas remolcan ao porto de Leixões o petroleiro incendiado a pasada segunda feira fronte á costa do Porto e que, segundo a Capitanía de Douro, non provocou verteduras.
A invasión do Iraq liderada polos Estados Unidos conseguiu o seu principal obxectivo, que as empresas petrolíferas occidentais acaparen a explotación do petróleo iraquí. Así e todo, o país árabe continúa a pagar o prezo e trata de saír da inestabilidade crónica.