pobreza severa

recurso xente na rúa (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A Xunta recortou en 32% o investimento para rendas de inserción social

Só 4,4% das persoas que viven por baixo do limiar da pobreza perciben esta prestación na Galiza, 3 puntos por baixo da media no Estado.

enchufe_flickr pobreza luz
18-F

33 organizacións do terceiro sector social poñen tarefas ao goberno que saia do 18-F: 10 medidas contra a pobreza e a desigualdade

A Rede Galega contra a Pobreza pon sobre a mesa propostas como triplicar o parque de vivenda pública ou reducir en 10 puntos a porcentaxe de persoas en situación de exclusión.

Xente, rua
18-F

Un país empobrecido: máis da metade da poboación galega non chega a fin de mes

As cifras fornecidas polos organismos públicos indican que máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes. A suba dos salarios e das pensións situouse por baixo do incremento dos prezos impulsando un proceso de empobrecemento.

Cociña de gas nunha vivenda (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A pobreza enerxética pasa factura na Galiza: 1.956 mortes en 2023 por non poder ter a vivenda a unha temperatura adecuada

A pobreza enerxética agrávase na Galiza. A porcentaxe de familias que non poden manter a súa vivenda a unha "temperatura adecuada" abeira 20% (522.000 persoas, 140.000 máis en só 12 meses). No ano que vén de finalizar, o número de falecementos por "defecto de temperatura" abeirou os 2.000.
Acto reivindicativo polo dereito a unha vivenda digna, organizado polos Ninguéns, onte en Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Galiza duplica a ratio de persoas sen fogar do Estado: 165,7 persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes

A Constitución española di no seu artigo 47 que todas as persoas teñen dereito a unha vivenda digna. Porén, este ano, tan só en Vigo, 16 persoas morreron sen ter unha. Ademais, na Galiza, as circunstancias vitais obrigan, de media, 165,7 de cada 100.000 habitantes a ter que vivir nas rúas, sen un fogar.
A pandemia ten disparado as desigualdades na Galiza. (Foto: Nós Diario) #desigualdadesocial #desigualdade #pandemia #salarios #pobreza
SOCIAL

93.000 menores de 18 anos atópanse en risco de pobreza na Galiza

Na actualidade, porén, Galiza sitúase como a quinta comunidade autónoma con menor taxa de pobreza e exclusión social na infancia.
Unha persoa buscando comida entre os contedores de lixo. (Foto: Arxina)
star
SOCIAL

Máis de 182.900 galegos e galegas, 86% maiores de 65 anos, viven en condicións de pobreza severa

A pobreza moitas veces non se ve, mais existe. Os datos publicados onte pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social na Galiza (EAPN-Galiza) certifican a existencia de 485.000 persoas empobrecidas no territorio galego, das cales 182.951 viven en situación de pobreza severa.