SOCIAL
500 voluntari@s móllanse polos ríos na V limpeza simultánea de Adega
01/out./12
O obxectivo desta actividade ''non é achegar man de obra barata'', senón concienciar sobre o necesario compromiso co medio ambiente. Os grupos que levan cinco anos participando constatan que, efectivamente, no mesmo treito a cantidade de lixo vai a menos. Aínda así, os residuos que se xuntaron en todos os concellos suman 10 toneladas