O polo como 'produto reclamo': atraer clientes e forzar a venda a perdas dos criadores
Uxía e Narf comezan unha xira polos Estados Unidos
Volven de América Latina e agora inician unha nova xira por Estados Unidos coas súas “cancións da alma viaxeira” plasmadas no seu último disco, 'Baladas da Galiza Imaxiaria'.
Á rúa polos dereitos do persoal público
Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza manifestáronse en Compostela contra a "perda de dereitos".
Un roteiro polos lugares de Francisco Carballo
O vindeiro 21 de novembro os amigos de Francisco Carballo organizan un roteiro vital e cultural na memoria do historiador polas Terras de Maceda, onde naceu en 1925.
Polos vieiros de Manuel María
Adiántanse as letras galegas de 2016 dedicadas a Manuel María.
Decrétase desterro: Francisco Rodríguez polos camiños de Bóveda
Setembro de 1975. Galiza de novo a percorrer os camiños que andou Bóveda en 1934. Francisco Rodríguez, expulsado do seu posto de traballo no Instituto de Cangas pola súa participación nunha folga en solidariedade cos profesores non numerarios, é desterrado a Andalucía, tomando finalmente destino como ensinante no Instituto de Puerto Real en Cádiz.
“A vida real precisa camiñar polos bosques máxicos da literatura fantástica”
Con A batalla por Avalon (Urco) o escritor Fernando M. Cimadevila atravesa o ecuador da súa pentaloxía O mundo secreto de Basilius Hoffman, un universo literario que conseguiu o aplauso do público e está a traducirse a outras linguas. Apaixonado da literatura fantástica, Cimadevila explícanos as claves da súa obra e dun xénero do que é autor e tamén editor, co selo Contos Estraños que se vén de fusionar con Urco.
Discurso virtual de Feijóo en Londres: a Xunta informa del, mais foi suspendido por apupos
O presidente da Xunta reivindicou en Londres o “papel dirixente” dos emigrantes galegos”. Así o recolle a nota de prensa pendurada na web do goberno galego mais Núñez Feijóo nunca deu ese discurso xa que os apupos da emigración impediron que falase.
O Goberno español ameaza con sancións polos asubíos do himno
Emitiu un comunicado onde “condena os ataques contra os símbolos que representan ao conxunto dos españois e a democracia". Artur Mas cualificou a decisión de "ridícula".
Galiza marcha no 1º de maio polos dereitos da clase traballadora
Centos de persoas percorreron as rúas das principais vilas e cidades do país contra as políticas neoliberais e en defensa do dereito a un traballo digno.
O BNG pide máis recursos para unha Axencia Tributaria “adelgazada”
Rexistra unha proposición non de lei para debater o problema no pleno do Congreso. O prazo para presentar a declaración de forma telemática abre esta terceira feira.
Antiviolencia propón o feche parcial do Benito Villamarín polos cánticos machistas
A comisión amosou o seu "rexeitamento máis absoluto" polas cancións escoitadas nos últimos dous encontros do Betis e instou a RFEF a fechar o campo "de forma parcial".
A Xunta xa pode mostrar os segundos do vídeo de Enrique Iglesias polos que pagou máis de 320.000 euros
Xa está na rede. O vídeo “Noche y Día” de Enrique Iglesias polo que a Xunta pagou máis de 320.000 euros xa está ao dispor do público. A premiada Pontevedra é a única capital excluída. VÍDEO NO INTERIOR.
"Co meu xuízo queren acalar a loita polos servizos sociais en Vigo"
Esta cuarta feira decorre en Vigo o xuízo contra este activista detido o 7 de xaneiro no barrio vigués de Coia.
Anti-violencia quer multar o Dépor polos incidentes que resultaron no asasinato de Jimmy
Propón unha sanción de 70.000 euros para o club coruñés. Tamén se multa o presidente da Federación de Peñas do Dépor con 22.000 euros.
A nosa riqueza emigra polos fíos da luz
Cando vou pasar uns días de vacacións a miña parroquia natal dos Vilares de Díaz Castro, no axuntamento de Guitiriz, vexo que todo o horizonte que me arrodea está inzado de “ecolóxicos e modernos” muíños de vento que producen un montón de quilovolts-hora que van encher de euros os petos de empresarios sen escrúpulos que seguiron ao “dediño” o consello de Zapatero de que deixaran o negocio da construción, porque xa non era rendíbel e investiran, ou (mellor dito), especularan no negocio enerxético, dado que o goberno ía permitir a subida dos recibos da luz para facelo mais acorde coas súas apetencias económicas.
Preferentistas tiveron que pagar xa máis de 17.000 euros en sancións polas mobilizacións
Preferentistas e familiares analizaron en asemblea as máis de 30 citacións xudiciais que deben afrontar nestes meses. Convocan unha concentración de solidariedade esta quinta feira en Pontevedra..
A Fiscalía do TSXC retrasa a querela contra Mas polos "erros" na proposta de Madrid
A presentación da demanda contra representantes da Generalitat polo 9-N podería adiarse até a vindeira semana.
Comeza un novo curso escolar marcado polos recortes e a LOMCE
Un novo ano académica iníciase esta cuarta feira. Os recortes no ensino público e a aplicación da LOMCE marcan o que anuncian será un curso "conflitivo".