O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de presentar unha proposición non de lei para que aumenten os recursos da Axencia Tributaria. A fronte nacionalista considera que os continuos recortes de persoal están a “provocar grandes perxuízos na cidadanía”.
Por iso esixe máis medios humanos para fortalecer unha administración “adelgazada polo empeño do Goberno”. O Bloque pon como exemplo a substitución do servizo de información presencial por un telemático e telefónico.
A moción será debatida no Pleno do Congreso. Coincide coa apertura do prazo para presentar as declaracións da Renda a través de internet, que arranca esta terceira feira. Aqueles que desexen facela nas oficinas da Axencia Tributaria, terán que agardar até o 11 de maio.