star
Reportaxes
A fronteira invisíbel: Galiza e Portugal seguen tendo dificultades para crear un espazo cultural común
19/abr./24
As culturas galega e portuguesa operaron conxuntamente en moitas ocasións nas batallas contra as súas respectivas ditaduras. A chegada das democracias facía presaxiar unha maior colaboración entre ambas beiras do Miño, mais a realidade non resultou de todo como se esperaba. A comunidade creadora é partidaria dunha cooperación que enfatice os vínculos lingüísticos e culturais, mais as institucións non parecen moi interesadas en manter unha política continuada que apoie ese achegamento.