Prestige

Un Prestige xudicial contra Galiza


Primeiro o Prestige foi un atentado medio-ambiental contra a Galiza

Galiza

A sentenza absolve o Estado

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considera que o Goberno español xestionou "ben" a catástrofe e absolveu o único cargo público imputado, o ex director da Mariña Mercante José Luís López-Sors; a única condena que estabeleceu foi por "desobediencia" e para o capitán, o grego Apostolous Mangouras. Remata a crónica dunha sentenza anunciada.

Rubido
Galiza

Xaquín Rubido: “O xuízo do Prestige xerou pouca tensión porque os responsábeis non sentaron no banco dos acusados”

O próximo mércores día 13, xusto cando se fan once anos do inicio da catástrofe do Prestige, farase pública a sentenza despois dun xuízo que durou once meses. Só tres persoas, o capitán Apóstolos Mangouras, Nikolaos Argyropoulos, xefe de máquinas e o que fora director xeral da Mariña Mercante, José Luís López Sors, sentaron no banco dos acusados dun xuízo que para o voceiro de Nunca Máis, Xaquín Rubido, foi “eivado” pola ausencia dos verdadeiros responsábeis políticos da traxedia. 

POLÍTICA

Rosana Pérez insta o PP a non vetar a investigación do sinistro de Angrois para a Galiza non ter ''outro Prestige''

O BNG pediu en reiteradas ocasións no Congreso español unha comisión que se ocupe de deitar "transparencia" sobre as responsabilidades políticas no accidente do Alvia en que morreron 79 persoas. Porén, o PP impuxo a súa censura.

Xuízo do Prestige
Galiza

Prestige: o presidente do tribunal lamenta a ausencia de políticos como acusados

Visto para sentenza o xuízo sobre a marea negra que decorreu hai once anos e no que só o ex-director da Mariña Mercante foi imputado malia a desastrosa xestión da catástrofe denunciada por case todas as partes presentes.

Galiza

"O Prestige non o provocou Mangouras, foi Madrid vía teléfono con López-Sors"

Após sete meses de ter comezado a vista oral. o xuízo do Prestige fica pronto para emitir sentenza. Conversamos con Xosé Sánchez, presidente da Plataforma Nunca Máis,acusación particular

[Imaxe Greenpeace]
POLÍTICA

A Xunta cede a Madrid os millóns que podería ingresar polos danos do Prestige

O Goberno galego subroga no estatal as posíbeis indemnizacións polas consecuencias do naufraxio e só reclama 1,2 millóns de euros polo uso de Sogarisa fronte aos 2.152 que solicita Madrid por danos. A Xunta tamén recoñece que ocultou información. Imaxe: Greenpeace

Nunca Máis Prestige
Galiza

Nunca Máis pide cinco anos de cárcere para López Sors por responsabilidade no Prestige

O xuízo polo desastre acontecido hai dez anos chega ás cualificacións definitivas das partes. A Fiscalía insiste en solicitar doce anos de prisión para Mangouras.

SOCIAL

Prestige: 2.400 millóns de indemnización para Galiza, 2.000 para o Estado español

A Fiscalía cifrou en 2.400 millóns a indemnización que debería receber Galiza polo sinistro do Prestige. Outros 2.000 millóns de euros deberian ir para o resto do Estado. Nunca Máisi cualifica de "irrisoria" a indemnización (equivalente aos danos) que lle correspondería ao noso país.

'Huellas de chapapote'
POLÍTICA

A dirección de TVE censura a emisión dun documental sobre o Prestige

'Huellas de chapapote', un traballo dirixido por José Pedro Estepa sobre as consecuencias da maré negra ía se emitir en Documentos TV. Mais, a última hora, desde a dirección de TVE decidiron substituilo por unha produción xa emitida anteriormente: 'El misterio de los centenarios'
Galiza

Álvarez Cascos declara hoxe como testemuña no xuízo do Prestige

O movemento social que se ergueu despois do atentado do Prestige pediu sempre a súa imputación mais é como testemuña que declara hoxe no xuízo da Coruña Francisco Álvarez Cascos, ministro de Fomento cando a catástrofe e autor político da decisión de afastar o barco e da xestión do desastre.
SOCIAL

Serafín Díaz: "O Prestige estaba ferido de morte"

O ex-inspector que visitou o petroleiro afirma que Mangouras quería embarrancar o Prestige. @s avogad@s da propietaria do buque cuestionan unha testemuña que "non ten bos coñecementos de inglés, non navegou nin un ano e despois da catástrofe foi nomeado capitán marítimo da Coruña.
SOCIAL

A primeira testemuña tamén cuestiona que se afastase o Prestige

José Pose Vaquero, primeira das testemuñas en participar no xuízo pola catástrofe do Prestige, asegura que a decisión das autoridades marítimas dificultou o traballo de salvamento. A segunda testemuña, o ex-capitán marítimo da Coruña, mantivo que a decisión das autoridades foi a correcta.
López Sors no xuízo
SOCIAL

López Sors xustifica a decisión que provocou a marea negra

O único cargo público xulgado pola catástrofe asegura que as autoridades fixeron "un bo traballo". Asume a decisión do afastamento e recoñece que até o día do afundimento non houbo unha reunión para determinar o estado do barco.
Nunca Máis protesta no xuízo
SOCIAL

Argyropoulos: “Un buque como o Prestige pode transvasar tres mil toneladas por hora”

O interrogatorio ao xefe de máquinas do petroleiro asegurou que “todo funcionaba” cando chegaron as autoridades e que era posíbel o transvase. Nunca Máis protestou co lema "Na Galiza Impunidade Nunca Máis" impreso nas súas camisolas.
Festa Homenaxe ao Voluntariado do Prestige
SOCIAL

Noite de homenaxe ao voluntariado do Prestige en Pontevedra

Os Tres Trebóns, a Magnifique Bande dos homes sen medo, Sés e Ruxe-Ruxe, coa condución a cargo dos Regueifeiros Trioliro, lembrarán esta noite o traballo desinteresado de milleiros de persoas na limpeza das praias galegas
Refugallos do Prestige
SOCIAL

Ecoloxistas demandan que se aclare que foi das 90.000 toneladas de refugallos do Prestige

ADEGA denuncia que dez anos despois da catástrofe do Prestige aínda quedan dez mil toneladas dos seus refugallos sen tratar e non se sabe onde foron os restos do traballado pola empresa SOGARISA
Sés
CULTURA

Música en Pontevedra para lembrar o Prestige

O sábado 17 de novembro, no Recinto Feiral de Pontevedra, terá lugar a festa-concerto coa que a Plataforma Nunca Máis e a Asociación pola Defensa da Ría lembran o atentado ecolóxico do Prestige e homenaxean aos voluntarios e voluntarias que contribuíron a vencer ao chapapote.
Acto de presentación do libro de X.M. Pereiro
CULTURA

“A Galiza de hoxe é filla do que aconteceu hai dez anos co Prestige”

Xosé Manuel Pereiro presentou en Santiago o seu libro 'Prestige. Tal como foi, tal como fomos', unha crónica sobre a catástrofe e a súa mala xestión. Xosé Hermida e Miguel de Lira acompañaron o autor nunha presentación cargada de memoria, xornalismo e activismo
SOCIAL

O xuízo do Prestige continúa coa declaración de Mangouras

As instalacións de Expocoruña retoman o xuízo pola catástrofe do petroleiro coincidindo coa data do primeiro SOS en 2002. Greenpeace despregou unha pancarta na entrada en sinal de protesta polos ausentes no banquiño dos acusados.