Prestige

'Sermos Galiza' recupera a historia do 'Prestige' (Foto: Nós Diario).
CULTURA

'Sermos Galiza' recupera a memoria do 'Prestige' 20 anos despois da catástrofe

O maior desastre ecolóxico da Galiza, as súas consecuencias e todo o que removeu na sociedade galega protagonizarán o semanario deste sábado.

Os fíos da memoria

Este 13 de novembro fanse 20 anos da catástrofe do 'Prestige' (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Galaxia recorda os 20 anos da traxedia do 'Prestige' coa publicación de tres libros

Fanse 20 anos da catástrofe do Prestige e a editorial Galaxia quere sumarse a ese aniversario e contribuír a construción do relato colectivo daquel desastre ecolóxico que marcou un punto de inflexión na sociedade galega.
O ex conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Henrique López Veiga, o ex conselleiro da Xunta que ri ao falar sobre o 'Prestige'

O titular de Pesca durante o último Goberno de Manuel Fraga foi un dos principais responsábeis de xestionar a vertedura de fuel.
TRaballos de recollida do chapapote en 2002 (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Ecoloxistas dubidan que a costa galega estea recuperada na súa totalidade 20 anos despois do 'Prestige'

Cando faltan días para facerse 20 anos da catástrofe do 'Prestige' (ocorrida o 13 de novembro de 2002 fronte á costa galega) organizacións ecoloxistas e responsábeis municipais difiren sobre os efectos que aínda poidan persistir na costa galega.
O cargueiro 'OS35'. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Unha posíbel 'marea negra' mantén en tensión Xibraltar: Pode producirse un novo caso 'Prestige'?

Os ecoloxistas piden ao Goberno español que se encargue directamente da extracción do combustíbel do buque colisionado.
Imaxes da catástrofe do Prestige. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

Saír da caverna

Se ben a sociedade actual está véndose cada vez máis afectada pola ameaza da desmemoria, quen non ten recordos do pasado próximo padécea en maior medida. Por iso, as novas xeracións teñen o dereito, e a urxencia, de recibir a memoria dos acontecementos que forxaron as anteriores, de coñecer a súa historia para construíren o seu propio camiño a partir dela. Resulta pertinente preguntármonos como se está a transmitir a memoria á xuventude e que eivas de coñecemento existen ao respecto.
O próximo número do semanario 'Sermos Galiza' lembra a traxedia do 'Prestige'.
CULTURA

O 'Prestige' e a desmemoria protagonizan o 'Sermos Galiza' deste sábado

Aliás, falamos con Arancha Estévez sobre a reedición da biografía da actriz María Casares e profundamos na obra arquitectónica de Jorge Salgado.
O Prestige, no momento de partirse e afundirse. (Foto: Armada española)
SOCIAL

O TXUE confirma a sentenza da Audiencia da Coruña que obriga a aseguradora do Prestige a compensar o Estado español

O tribunal europeo subliñou que o acordo entre o asegurador e o asegurado non pode obrigar ao prexudicado a acudir ao tribunal do lugar de domicilio da aseguradora en lugar de no que ocurriu o incidente polo que se reclama a indemnización, e rexeita así a solicitude da aseguradora de declarar que o Estado español estaba obrigado a presentar o seu recurso ante a xustiza británica.
A aseguradora quedaría libre de pagar polos danos ocasionados. (Foto Europa Press)
Xustiza

'Prestige': a aseguradora do buque libraríase de pagar polos danos ocasionados

O avogado da UE Michael Collins sinala que debe prevalecer a lei británica sobre a española, polo que a compañía aseguradora do 'Prestige' non tería que desembolsar os 855 millóns de euros que reclamaba unha sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña.
O petroleiro 'Prestige' afundíndo. (Foto: Xurxo Lobato)
19º Aniversario do 'Prestige'

Un novo 'Prestige'? 38 barcos con materias perigosas pasan cada día pola costa galega

Ecoloxistas en Acción asegura, a través dun comunicado, que o desastre do 'Prestige' podería repetirse. Informa de que 40.000 barcos pasan pola Galiza cada ano e un de cada tres con materiais perigosos.
As autoridades decidiron remolcar o buque lonxe da costa galega.
star
Reportaxes

Prestige: Un aire que mata

Un 13 de novembro, pero de hai 19 anos, produciuse unha chamada que cambiou todo un país. O capitán de navío Apostolos Mangouras fixo unha petición de auxilio, comunicando que o tronco dunha árbore provocara unha brecha no casco do Prestige. Nos seguintes días, unha marea de fuel estendeuse pola costa galega. Mentres o mar se tinxía de cor negro, outro inimigo, invisíbel ao ollo humano, achegábase ao litoral, e as súas consecuencias son aínda hoxe en día descoñecidas para a comunidade científica.
Reportaxe sobre o 'Prestige' que atoparás no novo número de Sermos Galiza. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #prestige #bandadeseñada #cinema
CULTURA

Sermos Galiza afonda nas consecuencias do 'Prestige'

O semanario tamén garda un espazo para o autor de banda deseñada David Rubín e analiza a tendencia dos 'small cinemas'. Se non queres perder nada, só terás que acudir este sábado ao teu quiosque ou mercar a publicación na nosa loxa en liña.
Unha escena da obra de Chévere. (Foto: Tino Viz / Chévere)
Análise

Nunca Máis: o ruído e a furia dun pobo

Chévere vén de estrear na Galiza N.E.V.E.R.M.O.R.E., unha obra que lembra o sucedido a partir da catástrofe do Prestige, situando a memoria colectiva no centro dunha reflexión sobre un sistema que ditamina que todo o que se opón ao beneficio pode -ou debe- desaparecer.
Escena de 'N.e.v.e.r.m.o.r.e.', o último espectáculo teatral de Chévere. (Foto: Tino Viz / Chévere).
CULTURA

'N.e.v.e.r.m.o.r.e.', o berro de Chévere contra a permanente catástrofe

'N.e.v.e.r.m.o.r.e.', o último espectáculo teatral de Chévere, fai seu o berro do famoso corvo do poema de Poe para trazar un paralelismo entre a catástrofe do 'Prestige' e a pandemia da Covid-19. Unha obra que sitúa a memoria colectiva no centro para loitar contra esta "cultura do petróleo" que nos impide ver alén da catástrofe.
O 'Prestige' durante o seu afundimento. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Un tribunal desestima o recurso da aseguradora do 'Prestige' para evitar indemnizar ao Estado español

O pago polos danos da vertedura do buque está un pouco máis preto despois de que a Xustiza británica fallara a favor da Avogacía Xeral do Estado. A contía que se reclama ascende a 855 millóns de euros.

CULTURA

Dos arquivos do barco: o 'Prestige' na memoria cidadá

A sexta feira e o sábado a Asociación Unha Gran Burla Negra convoca o pensamento arredor dos arquivos vencellados á catástrofe do 'Prestige'.
Chapapote nas praias galegas (Imaxe de arquivo: Europa Press)
SOCIAL

Que haxa un novo Prestige é tan só "cuestión de azar"

Nunca Máis, marea negra... a forza das palabras ten a capacidade de retrotraernos 18 anos atrás, cando o petroleiro Prestige escorou o 13 de novembro de 2002 a 29 millas de Fisterra. Tamén outro termo comezaba a soar daquela: bandeira de conveniencia. Hoxe, esta práctica, o intenso tráfico de mercadorías perigosas que soporta a nosa costa e os fondos baleiros legais fan temer outro Prestige. 
 
Parador de Muxía, na Costa da Morte( Imaxe:Paradores).
SOCIAL

Abre o Parador de Muxía na costa onde o turismo foi a solución ás ondas de fuel

Vinte anos tras o Prestige, estréase o 25 de xuño sen apenas prazas libres para os meses de xullo e agosto. Guadalupe Jiménez, antropóloga cordobesa, analizou como afectou o desastre á Costa da Morte nun capítulo da súa tese. "Outro Máis" foi a expresión que lle chamou a atención tras horas de entrevistas.
Man de Camelle
CULTURA

'Man', a icona do 'Prestige' que morreu de tristura

Un libro ilustrado de Medulia Editorial lembra a vida e a obra de Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man de Camelle, após case dúas décadas do seu pasamento.