Carmen Santos e Gómez-Reino perfílanse como aspirantes a dirixir Podemos Galicia
O partido morado —hexemónico no grupo parlamentar de En Marea no Pazo do Hórreo— vai renovar a súa secretaría xeral, tamén o seu máximo órgao entre asembleas, neste próximo mes de outubro. Carmen Santos e a súa equipa non revelaron se se apresentarán ou non á reelección, mais a actual líder galega afirma estar "moi ilusionada" ante "esta nova etapa". Mentres, desde o sector crítico, Antón Gómez-Reino deixa entrever que podería concorrer á carreira. O duelo entre ambos é o escenario máis probábel.