protesta

Protesta de propietarios de terreos nas Fragas do Eume esta quinta feira en Compostela (Foto: Arxina).
SOCIAL

Propietarios de terreos nas Fragas do Eume protestan ante a Xunta para pedir compensacións polos usos do parque

Ao redor dun centenar de propietarios de terreos das Fragas do Eume manifestáronse esta quinta feira ante a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no barrio compostelán de San Lázaro.
Os bombeiros comarcais desprázanse até o Parlamento para o inicio da manifestación (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Os bombeiros comarcais maniféstanse en Compostela en defensa dun "convenio digno"

A protesta comezou ás 11 horas desde o Parlamento da Galiza até a Dirección Xeral de Emerxencias, no barrio de Fontiñas, onde terminará a mobilización.
Policías antidisturbios en Francia diante dunha pintada pedindo 'Xustiza para Nahel' (Foto: Telmo Pinto / Zuma Press).
star
INTERNACIONAL

A Policía francesa detivo xa a 3.200 persoas a raíz das protestas pola morte de Nahel

A noite entre a segunda feira e a terza feira foi a sétima consecutiva de protestas en Francia despois do homicidio dun mozo de 17 anos a mans da Policía. Con máis de 3.200 detencións, o Estado galo acumula xa máis apresamentos que nas tres semanas de mobilizacións masivas do ano 2005. Até 60% das persoas que foron apresadas non tiñan antecedentes policiais anteriores.
Policías antidisturbios en Francia diante dunha pintada pedindo 'Xustiza para Nahel' (Foto: Telmo Pinto / Zuma Press).
INTERNACIONAL

Perto de 3.000 detencións desde o inicio das protestas en Francia pedindo "xustiza para Nahel"

Nesta última noite de mobilizacións e disturbios nas rúas, a sexta desde que o mozo Nahel foi asasinado por un axente policial, foron detidas outras 157 persoas. Macron reúnese hoxe cos representantes do Senado e o Parlamento e os alcaldes convocan mobilizacións para condenar o ataque ao domicilio do rexedor de L'Haÿ Les Roses. Aliás, medio centenar de radicais de extrema dereita irromperon cos rostros tapados polas rúas de Lyon e foron dispersados con gases lacrimóxenos.
Dous coches arden nas rúas de Nanterre, Francia. (Foto: Bertrand Guay).
INTERNACIONAL

Incendios, saqueos e máis dun millar de detencións noutra noite de disturbios en Francia

París, Marsella, Lyon e Toulouse concentran os incidentes.

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, convocou de urxencia o seu Goberno (Foto: Alexis Sciard / Contacto vía Europa Press).
INTERNACIONAL

As detencións policiais na última noite de protestas en Francia superaron as 870

O abatemento policial dun rapaz desencadea catro noites de disturbios.
Fume nunha área residencial de Tolosa, en Occitània, durante as protestas a cuarta feira contra a violencia policial no territorio francés. (Lionel Bonaventure / AFP / DPA)
INTERNACIONAL

As protestas contra a violencia policial espállanse polo territorio francés

180 persoas foron detidas na madrugada de onte en Francia no marco das protestas polo asasinato dun menor de idade a mans dun axente esta semana. As mobilizacións xa se expandiron por boa parte da xeografía francesa.
As protestas intensificáronse na madrugada pola traxedia de Nanterre. (Foto: Lionel Bonaventure / AFP / DPA)
INTERNACIONAL

180 persoas detidas en Francia nas protestas pola morte dun mozo a mans dun policía

A Fiscalía exixe a apertura dunha investigación e cre que o axente, para quen demanda de inmediato a prisión preventiva, incorreu nun delito de homicidio doloso, pois "non se cumpriron as condicións legais para o uso da arma". Macron convoca de urxencia o seu Goberno para abordar a "inxustificábel violencia" contra "comisarías, colexios, concellos e contra a República".
Protesta nas oficinas santiaguesas da rúa do Franco. (Foto: Nós Diario)
VÍDEO NO INTERIOR

Persoal de limpeza de Correos protesta polos impagamentos: "Onde están os nosos salarios?"

Os sindicatos responsabilizan a concesionaria, SCT Ibérica, por unha situación que se repite por todo o Estado español.
Yaël Braun-Pivet e Baerbel Bas, presidentas dos lexislativos de Francia e Alemaña. (Foto: Britta Pedersen / DPA)
INTERNACIONAL

Presentan unha nova moción de censura en Francia pola reforma das pensións

O partido de Macron veta o debate no Parlamento dunha iniciativa para anular a reforma das pensións aprobada polo presidente.
Manifestación a terza feira en París. (Foto: La France Insoumise)
INTERNACIONAL

300.000 persoas rexeitan en París a suba da idade de xubilación

Decorreu a 14ª xornada de mobilización xeral contra a reforma das pensións en Francia, que incrementa até os 64 anos a idade de xubilación.
Mobilización contra a reforma das pensións en abril na praza da Bastilla de París, Francia. (Foto: Jan Schmidt-Whitley / Le Pictorium)
star
INTERNACIONAL

Os sindicatos franceses xogan a última carta para frear a reforma das pensións

A que pode ser a última xornada de mobilización xeral contra a reforma das pensións en Francia traslada o apoio ao debate a quinta feira no lexislativo para anular a suba da idade de xubilación.
Policías ecuatorianos ante un gran grupo de persoas nunha protesta contra o Goberno Lasso, o pasado ano. (Foto: Juan Diego Montenegro / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Lasso permite a policías e militares ecuatorianos usar a "lexítima forza" e munición real para "combater a violencia"

"Rematou o absurdo de que o policía teña que agardar a que o delincuente dispare para actuar", gábase o presidente de Ecuador.
Represión en Paquistán. (Foto: Ppi / Ppi Via Zuma Press Wire / DPA)
INTERNACIONAL

O Goberno de Paquistán estuda prohibir o partido de Imran Khan

Esténdense as renuncias no Movemento pola Xustiza tralas ameazas dos militares mentres o Executivo ameaza con prohibir o partido.
Axentes da Policía separan o persoal da CRTVG do coche no cal se encontraba Sánchez Izquierdo (Foto: Nós Diario).
VÍDEO NO INTERIOR

Persoal da CRTVG recibe Sánchez Izquierdo ao berro de "dimisión" á súa chegada ao Parlamento

Sánchez Izquierdo enfróntase esta cuarta feira a unha comisión parlamentaria para tratar as represalias contra o persoal da corporación que decidiu acudir á folga convocada polo Comité Intercentros.
Persoal de Navantia bloqueando a entrada o estaleiro en Ferrol. (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Persoal de Navantia en Ferrol bloquea durante tres horas a entrada ao estaleiro en sinal de protesta

Trátase dunha mobilización incluída no calendario de protestas en reclamación dun novo convenio colectivo para o centro.
Represión en Paquistán. (Foto: Ppi / Ppi Via Zuma Press Wire / DPA)
INTERNACIONAL

O Supremo paquistaní ordena liberar o ex primeiro ministro Khan

Oito mortes e 1.900 detidos nas mobilizacións en Paquistán cando a nova da orde para liberar a Khan transformou as protestas en celebracións.
As forzas de seguridade paquistanís usando un canón de auga a terza feira para desmobilizar as protestas que se estenderon polo país. (Foto: Europa Press / Contacto / PPI)
star
INTERNACIONAL

O arresto de Khan fai estoupar a crise en Paquistán entre a represión militar e da Policía

A crise política, institucional, social e económica que sofre Paquistán estoupou co arresto do ex primeiro ministro Imran Khan, que levou a que a ira da poboación se dirixa contra as Forzas Armadas, ás que identifica como as responsábeis da detención.
Imran Khan, ex líder paquistaní, á dereita. (Foto: Kremlin / DPA)
INTERNACIONAL

A detención de Imran Khan deriva en protestas por todo Paquistán

Analistas apuntan cara aos militares como responsábeis do arresto, que deixa o país nunha situación de grande incerteza.

Protesta de médicos e médicas internistas, esta segunda feira, ante o Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Internistas do CHUS denuncian “caos absoluto” no servizo e “precarización” das condicións laborais

O Hospital do Barbanza ten “a metade” dos internistas que “terían que ser”.