star
Reportaxes
A cociña de Barro
20/out./23
Os deseños de Pepe Barro forman xa parte do imaxinario colectivo deste país. O seu traballo constitúe un mapa gráfico e emocional das últimas décadas, e contribuíu en gran medida a xerar os referentes gráficos da Galiza. Agora, a Fundación Didac exhibe en Compostela os seus cadernos de traballo, permitindo observar o que el mesmo chama o laboratorio de onde abrollan as súas ideas.