Sahara

Sáhara

Máis dun cento de persoas apoiaron onte esta primeira convocatoria en Compostela, que contou co apoio de entidades como a CIG. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Galiza mobilízase polo pobo saharauí

Unha concentración en Compostela, convocada pola Delegación Saharauí na Galiza e por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, serviu hoxe para amosar o apoio da sociedade galega a este pobo contra os últimos ataques do exército marroquí no Sáhara Occidental, que están a recruar un conflito que dura case 30 anos. 
sahara_exercito
INTERNACIONAL

Intensifícanse os choques no Sáhara

Os combates no Sáhara Occidental van a máis, case unha semana despois de se romper o acordo de cesamento do fogo e de que a Fronte Polisario declarase a guerra a Marrocos. Rabat continúa a levar a cabo detencións nas cidades ocupadas, ao tempo que segue a negar os choques bélicos, que a propia ONU confirmou.

Un deserto

manifestacion_madrid
INTERNACIONAL

"Sen autodeterminación, non haberá paz no Sáhara Occidental"

Continúan os combates entre os Exércitos de Marrocos e do Sáhara Occidental, despois do operativo militar marroquí da pasada sexta feira contra civís que cortaban o paso de Guerguerat. Rabat, fiel á política de restar importancia a todo o que teña que ver coa Fronte Polisario, minimiza os enfrontamentos e nega que haxa guerra.
Bandeiras da República Árabe Saharuí Democrática (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Estala a guerra no Sáhara tras un operativo militar marroquí contra civís en Guerguerat

A Polisario considera que Rabat violou o cesamento do fogo de 1991. Fontes do Ministerio de Exteriores do Goberno saharauí consultadas por Nós Diario confirmaron que, á última hora de hoxe, xa se produciran enfrontamentos directos.
sahara_guerguerat
INTERNACIONAL

Marrocos acusa a Polisario de "provocar" e asegura que está a actuar con "mesura"

Preocupación da ONU e da Unión Africana ante o aumento da tensión polos movementos en torno ao paso de Guerguerat.
guerguerat
INTERNACIONAL

"Ventos de guerra" no Sáhara Occidental

A Fronte Polisario advirte dunha posíbel "guerra total" con Marrocos polas tensións no paso de Guerguerat, onde se mobilizaron efectivos do Exército marroquí. Calquera "agresión", di, suporía "a fin do cesamento do fogo" de 1991. O delegado do Goberno saharauí na Galiza lamenta os "21 anos de silencio" da comunidade internacional.
2020052515111847810
INTERNACIONAL

Os 17 territorios sen autonomía política

Case dous millóns de persoas no mundo mantéñense baixo o 'statu quo' estabelecido durante a época colonial polos grandes imperios, especialmente o británico. Son un total de 17 territorios non autónomos os recoñecidos pola ONU, que desde a súa fundación hai 75 anos mantén o compromiso coa descolonización. 
sáhara campamentos tinduf
INTERNACIONAL

Refuxiadas e confinadas no deserto do Sáhara

A primeiros de abril, as autoridades saharauís anunciaron a suspensión do programa solidario Vacacións en Paz. Na Galiza, 325 familias deixarán de acoller nas súas casas nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria, Mais a colaboración e o contacto continúan para atender as súas demandas.
Crianzas saharauís
Social

Cancelado o programa 'Vacacións en Paz' para crianzas saharauis pola crise do coronavirus

Vacacións en Paz leva 25 anos posibilitando que as crianzas dos campos de refuxiados do Sáhara pasen o verán na Galiza.
Acto en prol da soberanía do Sáhara Occidental (Imaxe: @polisario_)
INTERNACIONAL

O Polisario reaxe á apropiación marroquí das augas

A Fronte Polisario, por medio do seu responsábel de exteriores, Mohammad Jadad, denunciou onte, quinta feira 23 de xaneiro, o novo intento do Estado marroquí de facerse coas augas territoriais das Illas Canarias que bañan o Sáhara Occidental ocupado por Marrocos co que busca ampliar o seu control sobre esta nación.
f_6_MohamedSalem
Mohamed Salem Uld Salek

Mohamed Salem: "O pobo saharauí non pode agardar até o infinito"

A Fronte Polisario realizará o seu XV Congreso de 19 a 21 de decembro e nel abordaranse as estratexias políticas ante o incumprimento por parte de Marrocos dos acordos de 1988 polos que se tería que realizar un referendo de autodeterminación no Sáhara Occidental. O pobo saharauí segue agardando pola votación para poder exercer o seu dereito á autodeterminación ante unha ocupación marroquí que se remonta a 1975. Sermos Galiza conversa con Mohamed Salem Uld Salek, ministro de Asuntos Exteriores do Goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e membro do secretariado nacional do Polisario. 
right-livelihood
INTERNACIONAL

Os Nobel Alternativos premian as loitas climática, indíxena, saharauí e feminista

Os Right Livelihood Award, que fan 40 anos, galardoaron Greta Thunberg, Davi Kopenawa, Aminatou Haidar e Guo Jianmei.

67810909_2324611907629419_4257006154539859968_n
Piden que remate a ocupación por parte de Marrocos

Centos de persoas esixen en Compostela liberdade para o pobo saharauí

A concentración estivo organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
vigo saharaui
SOCIAL

O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí volta a Silleda en abril

A partir deste domingo 8e abril volta a Silleda o Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí. Cinco citas culturais repartidas ao longo de catro fins de semana. Teatro, música, humor e unha andaina solidaria compoñen a programación desta sexta edición, cuxa recadación será destinada ao programa de familias acolledoras galegas Vacaciones en Paz.

Concentración en Madrid en apoio aos saharahuis en folga de fame o 2 de setembro
INTERNACIONAL

Medio centenar de saharauís levan cinco días en folga de fame en Barajas

Diversos colectivos sociais concentráronse esta mañá na T1 do aeroporto de Barajas, en Madrid, en solidariedade con cidadáns saharauís que levan cinco días en folga de fame, na sala de non admitidos do aeródromo, en protesta polo trato que reciben das autoridades españoles que lles están denegando a petición de asilo mentres comezaron as expulsións.

Sáhara un conflito esquecido, o sufrimento dun pobo silenciado.

20265059_10154974757867683_93377968841479198_n
SOCIAL

O Obradoiro berra pola liberdade do Sáhara e dos presos políticos

A praza do Obradoiro, en Santiago, acolleu na mañá do domingo unha concentración convocada por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) en defensa da liberdade do Sáhara Occidental e dos presos saharauís.

[Imaxe: Miquel García] Campamento de Gdeim izik, no outono de 2010
A segunda feira en Vigo

Protesto contra o xuízo de Marrocos a activistas saharauís

A vindeira segunda feira, 26 de decembro, terá lugar en Vigo unha concentración contra o xuízo ao que Marrocos somete activistas saharauís cando se fan seis anos desde que as forzas de ocupación marroquís desmantelaron o campamento de protesto nas proximidades do Aaiún, no territorio ocupado.