A Feira do Viño de Vilachá pon en valor a viticultura tradicional do Brollón
A viticultura artesanal pode salvar o futuro do viño do Ribeiro?
Terras Gauda adquire 25% de Bodegas Gargalo, propiedade de Roberto Verino
Investigado por fabricación de explosivos que usaba en voaduras de montes en Meis para crear viñedos
Estúdanse tres delitos de fabricación, tenencia e uso de materiais explosivos
Todo sobre a Feira do Viño de Amandi: bo viño e música no corazón da Ribeira Sacra
Radiografía do sector vitivinícola na Galiza: hai vides en 150 concellos e 40% dos viticultores do Estado español están aquí
Que solucións achega a natureza para combater o cambio climático nos viñedos?
Arranca a Feira do Viño de Chantada con 16 adegas e un amplo programa de actos para todos os públicos
A XXXI edición alóngase desde a sexta feira até o domingo cun variado programa
A entrada de multinacionais nas Denominacións de Orixe galegas pon en alerta o sector
O viño galego Brut Terra de Asorei, premiado pola 'Identidade Vitivinícola' na Barcelona Wine Week
Os viños espumosos, un mundo por descubrir: "A burbulla debe acompañar e non entorpecer"
A Asociación Galega de Viticultura pon en valor a IXP Terras do Navia
Adegas Fillaboa logra o selo ‘Sustainable Wineries for Climate Protection’ pola súa “aposta por sustentabilidade”
Adegas Fillaboa, situada en Salvaterra de Miño (O Condado) e que pertence ao grupo Masaveu Adegas, logrou o selo 'Wineries For Climate Protection' (SWfCP) que a recoñece como unha adega sostíbel nos ámbitos ambiental, social, económico e de gobernanza, segundo informa nun comunicado. En concreto, con este recoñecemento son xa tres as adegas de Masaveu Adegas -Murua, Pagos de Araiz e Fillaboa- en lograr este certificado, que confirma a aposta do grupo adegueiro pola sustentabilidade. A certificación SWfCP, creada pola Federación Española do Viño (FEV), permite avaliar o compromiso das adegas na loita contra o cambio climático e a súa aposta pola sustentabilidade, actuando en catro ámbitos en concreto como son a redución de gases de efecto invernadoiro (GEI), a eficiencia enerxética, a redución da xeración de residuos, a xestión correcta da auga, así como a súa uso responsábel e a eficiencia enerxética.