Xosé Luis Méndez Ferrín, o xefe arraiano
Méndez Ferrín, o arraiano universal, protagonista do 'Sermos Galiza'
As artes do contrabando na Raia Seca
Ángeles Huerta estrea 'O corpo aberto' nos cinemas
Ángeles Huerta estrea esta quinta feira O corpo aberto, unha adaptación do relato de Xosé Luis Méndez Ferrín "Lobosandaus" (do libro Arraianos) que se desenvolve nas fronteiras, nos límites. O límite entre a Galiza e Portugal, mais tamén entre os que definen a nosa identidade: os lingüísticos, os de xénero, os que separan o corpo e a mente e mesmo os que separan a vida e a morte.
[VÍDEO] Xa dispoñíbel o avance do filme 'O corpo aberto', baseado nun relato de Méndez Ferrín
Ángeles Huerta: "O relato de Ferrín posuía un potencial queer e feminista moi contemporáneo"
Beatriz Legerén: "Un videoxogo é un proxecto complexo que involucra moitos ámbitos distintos"
[VÍDEO] Así é 'Retorno Arnoia', o videoxogo baseado nunha novela de Méndez Ferrín
Ángeles Huerta: "En 'O Corpo aberto' a 'raia' non é simplemente un escenario, é a cerna do filme"
O Xurés muta no Lobosandaus de Méndez Ferrín
Esta localización é outra protagonista máis no filme O corpo aberto de Ángeles Huerta, para o que contou cun elenco de actrices e actores da Galiza e Portugal. A cinta está producida pola galega Ollovivo, a catalá Fasten Films e a portuguesa Cinemate.
Dioivo e Xosé Luís Méndez Ferrín: Retorno a Tagen Ata
Recuperada a obra inédita de Méndez Ferrín que motivou o seu encarceramento en 1969
A novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, así como a posesión doutro material, custáronlle ao autor ser detido, xulgado e encarcerado, durante case dous anos, por un suposto delito de propaganda ilegal.
"A liquidación social de Ferrín é síntoma dunha sociedade que está podre"
Méndez Ferrín recibe o Facho de Ouro 2019
Xerais recupera 'Antón e os inocentes', novela que Ferrín escribiu na cadea
Méndez Ferrín escribiu Antón e os inocentes, a súa terceira novela, “no lugar sórdido no que 'toda incomodidad tiene su asiento”. Así o di, con ecos quixotescos, a dedicatoria inicial. Ese lugar sórdido é El Dueso, onde o autor foi recluído entre 1969 e 1971. Historia de iniciación que sucede nos ambientes proletarios do Vigo dos 50, publicouse por primeira vez en 1976. Fóra de catálogo desde hai anos, Xerais recuperaa en edición do poeta e filólogo Antón Blanco.