SOCIAL

GALERÍA | Así decorreu a histórica manifestación contra a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei

Milleiros de persoas marcharon polas rúas de Palas de Rei para mostrar o seu rexeitamento ao proxecto de macrocelulosa que a multinacional portuguesa Altri quere instalar na localidade. A marcha, convocada pola plataforma Ulloa Viva, desbordou esta localidade da Ulloa con persoas chegadas de todas as partes do país que protestaron contra "unha bomba ambiental no corazón da Galiza".