“As silenciadas” premio no Festival Internacional Humanity Explored

O documentario “As silenciadas” de Pablo Ces, con guión de Aurora Marco, foi recoñecido co premio “Popular” no Festival Internacional de Cine Documental online Humanity Explored. Competía con 1.054 documentarios e foi o segundo máis visto. 

Imaxe da gravación de Silenciadas
photo_camera Imaxe da gravación de Silenciadas

O filme “As silenciadas” competiu durante seis meses con 1.054 documentarios de todo o mundo no Festival Internacional de Cine Documental online Humanity Explored, promovido desde a India, USA, Indonesia e New Zealand. O filme galego foi galardoado co premio “Popular” e, dos cinco premiados, foi o segundo en número de veces que foi visto. 

Dirixido por Pablo Ces, o documental conta co guión de Aurora Marco e o propio Pablo Ces. Recupera a historia, a imaxe a a voz de mulleres ás que Aurora Marco se achegou para recoller tamén no libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega (Laiovento).
As silenciadas é un documental histórico que ten como protagonistas ás mulleres que estiveron na clandestinidade e participaron do movemento guerrilleiro. Sufriron represión en forma de morte, cárcere, tortura ou exilio e desenvolveron un labor fundamental na oposición ao franquismo. O documental recolle testemuños únicos das participantes na guerrilla e visita os espazos nos que se desenvolveu a súa resistencia.

Máis en CULTURA
Comentarios