Falece o escritor e xornalista Emilio Alonso

Aos 61 anos de idade.

Emilio Alonso Pimentel (Foto: Nós Diario)
photo_camera O escritor Emilio Alonso Pimentel (Foto: Nós Diario).

Pesar polo falecemento do xornalista e escritor Emilio Alonso Pimentel, aos 61 anos de idade.

Durante a década dos 80 realizou os programas de radio ‘Montaje Curioso e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galiza); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente na Galiza de Rock de Lux e guionista e co-presentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia).

Elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galiza e colaborou con outras publicacións, como La Naval, Valiundiez, Escupe…

Froito destes traballos e experiencias é o libro Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), unha crónica da movida viguesa daquela década. Xa nos 90 traballou fundamentalmente para televisión.  Publicou tamén ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009).

Máis en CULTURA
Comentarios