O novo número de "Coñecer" descobre a arte, o territorio e o patrimonio de Boborás

Esta terza feira o suplemento 'Coñecer' ofrece reportaxes de arte e historia e artigos sobre a xustiza e a figura de Manuel Gama. No caderno, que podes mercar nos quiosques ou na nosa loja online xunto co teu Nós Diario, atoparás tamén unha entrevista a un representante do colectivo Patrimonio dos Ancares
Caderno Coñecer 14/07/2020
photo_camera Vista da capa do caderno 'Coñecer' (Foto: Nós Diario)

Co teu Nós Diario desta terza feira terás a oportunidade de coñecer que é o 'Land Art' da man de Daniel Río 'Caxigueiro'. Na súa peza 'Arte e natureza' fala desta corrente artística que "emprega a paisaxe como soporte e bota man de materiais que proceden do propio medio". A reportaxe comparte espazo na capa co anuncio dunha exposición dedicada a descubrir a vida de Maruxa Fernández, compañeira do artista e escritor Luís Seoane.

No tema central do 'Saber facer', Carlos Meixome escribe sobre cregos e sobre a historia e o patrimonio cultural do concello ourensán de Boborás. Na sección 'Herdo', Xoán Carlos Garrido asina 'Xustiza e inseguridade xurídica'.

Pola súa banda, o 'Pé a terra' desta semana corre a cargo do historiador Xosé Álvarez Castro. Grazas a él poder saber máis de 'Manuel Gama, concelleiro obreiro-agrario'.

Os Ancares e Mondoñedo

No 'Selfie' poderás ler unha pequena entrevista ao historiador e voceiro de Patrimonio dos Ancares, Xabier Moure.

Na sección 'Quen fai que' comparten espazo o pintor Xoán Guerreiro; o impulsor do museo da catedral de Mondoñedo, Santos San Cristóbal; e a pedrafita da Eira dos Mouros.

Poderás ler as reportaxes e os artigos ao completo no suplemento que sae mañá. Estará a venda nos quiosques, librarías, tendas, gasolineiras ou na loja online. Tamén estará dispoñible na rede a partir de mañá.

Suplementos temáticos diarios

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Máis en CULTURA
Comentarios