O Revenidas máis masivo chega ao seu día grande con todas as entradas vendidas

Tanxugueiras actúa este sábado no festival de Revenidas en Vilaxoán (Foto: Nós Diario).

O festival Revenidas de Vilaxoán, no concello de Vilagarcía de Arousa encara hoxe o seu día forte após xuntar na súa sesión da sexta feira máis de 8.000 persoas.

 

O festival Revenidas afronta hoxe o seu día grande con todas as entradas vendidas e unha oferta de música de 15 horas ininterrompidas, nas que subirán aos seus dous escenarios 14 bandas, ás que hai que sumar tres sesións da incombustíbel animadora  A Duendeneta.

Carlos Crespo e Kris K Dj foron de feito os primeiros en facer soar hoxe a música no recinto do Revenidas, tras apertura de portas ás 11 horas. A Duendeneta fará ademais outras dúas sesións, ás 13.45 e ás 21.20 h.

O Revenidas conta esta sábado con dúas importnates presenzas internacionais, a dos italianos Talco e a dos bosnios Dubioza Kolekti.  Talco  animou ao persoal a partir de  12:30 coa súa imbatíbel combinación de ska e punk. Na mesma dirección de axitación e enerxía atópase a proposta doutros vellos coñecidos do Revenidas, Dubioza Kolektiv, coa súa fusión de hip-hop, reggae, dub, rock e folclore de Bosnia.

Un das ofertas máis agardadas da xornada deste sábado do festival de Vilaxoán é El Kanka, un dos músicos españois máis aclamados e solicitados que os promotores de Revenidas levaban varios anos tentando conseguir a súa presenza.

A presenza galega volve ser un ano máis moi salientábel. Así ás 17:30 sube ao escenario de Revenidas Tanxugueiras, un dos grupos do país con máis éxito de público e capacidade de convocatoria. Tamén actuará o grupo galego que seguramente máis concertos ten feito neste 2024, The Rapants .

Guadi Galego e Catuxa Salom son outras dúas cantantes galegas presentas no Revenidas. Ao tempo, Jasper presentará o seu novo proxecto, Loita Amada, cunha actuación prevista ás 3 horas.

Un dos pratos fortes desta xornada é Rebeliom do Inframundo,que ofrecerá un concerto especial no que participarán como convidadas Tanxugueiras, Law, Vértebras, Nadie González, Cousxs, Treintañeras Cañeras e Sonriot.

Clausura

O festival Revenidas clausurase o domingo 15, coa tradicional sardiñada popular que a partir de 13:30 arranca no parque de dona Concha de Vilaxóan con entrada libre. Neste sentido, os organizadores continúan a reclamar esta actividade como “o epicentro do festival