O orzamento da Xunta para 2017 sobe até os 9.063 millóns de euros

O Consello da Xunta deu esta sexta feira o visto bo a unhas contas que se incrementan nun 2,9% a respecto do presente.

[Imaxe: Xunta de Galiza]. Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa
photo_camera [Imaxe: Xunta de Galiza]. Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa

O orzamento da Xunta para o 2017 será de 9.063 millóns de euros, aumentando nun 2,9% a respecto do de 2016, O Consello da Xunta deu esta sexta feira o visto bo a unhas contas que, en palabras de Núñez Feijóo, “blindan e reforzan os servizos públcios do estado de benestar” e que “priorizan a recuperación económica”.

O presidente da Xunta avanzou que hai un aumento duns 200 millóns de euros en gasto social, a metade dos cales vai para sanidade, 64 millóns para educación e 25 para políticas sociais.

As contas foron presentadas durante estes días tanto a sindicatos como patronal. Após a xuntanza, desde a CIG  afirmaron que son uns orzamentos que parten dunha visión da realidade galega de “fantasía”. Unha realidade na que “non hai desigualdades, destrución de emprego, emigración, privatización de servizos públicos, como sanidade ou ensino, ou pobreza laboral”. Tamén desde CCOO consideran que será “difícil” que as medidas adoptadas e orzadas pola Xunta resulten eficaces se parte dunha “visión distorsionada” da realidade do país e non considera “centrais” problemas como o paro de longa duración, o “inaceptable” número de persoas que non teñen ningún tipo de protección social, a emigración da mocidade, a precariedade no emprego ou a pobreza laboral.

Comentarios