Os prezos da industria galega baixan 5,1%

Na Galiza, os bens de consumo incrementaron o seu prezo 1,7%, mentres que os de equipo baixaron  0,3%; os intermedios, 5%, e a enerxía, 14,4%.

Os prezos da industria galega caeron  5,1% en maio en relación co mesmo mes de 2023, fronte ao retroceso de 7,3% que experimentaron en abril, segundo datos publicados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Este descenso é superior ao da media estatal, xa que a inflación industrial caeu 4,6% no total de España en maio, encadeando 15 meses de taxas negativas.

Na Galiza, os bens de consumo incrementaron o seu prezo 1,7%, mentres que os de equipo baixaron  0,3%; os intermedios, 5%, e a enerxía, 14,4%. O total da industria sen enerxía caeu 1,2%.

No que vai de ano, os prezos industriais baixaron 4,6% na Galiza e4,2% no Estado. Unha vez máis, só os bens de consumo subiron de prezo 0,7%. O resto, acumulan caídas de 0,5% no caso dos de equipo; de 1,9% no caso dos intermedios e de 14,6% se se fala da enerxía.

Datos estatais

A nivel estatal, os prezos industriais caeron 4,6% o pasado mes de maio en relación ao mesmo mes de 2023, fronte ao retroceso do 6,7% que experimentaron en abril, sempre segundo datos do INE.

Co descenso interanual de maio, a inflación do sector industrial encadea 15 meses de taxas negativas despois de que en marzo de 2023 puxésese fin a un período de 26 meses consecutivos de incrementos, no que chegou a rexistrar taxas positivas de dous díxitos durante máis de 20 meses.