Palabras con memoria: lingua arroupada

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Calzupos son uns alcetíns gordos de la. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Calzupos son uns alcetíns gordos de la. (Foto: Nós Diario)

agulleteiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Zona do zapato onde están os amallós.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

calzupos.- (Ademais doutros significados xa recollidos) Calcetíns gordos de la.
Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).
Fonte.- Xulio López Valcárcel.

carracán.- Roupa de durmir infantil aberta polo lombo.
Lugar de escoita.- San Martiño e Sto. Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Outros apuntamentos.- O carracán debía ter botonciños.

cubritó.- Peza de roupa de abrigo que se pon por riba.
Lugar de escoita.- Terra Chá.
Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.

empeña.- (Ademais de significados xa rexistrados) Coiro dos zapatos ou galochos.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios