A ANC e Òmnium aceptan o 9-M de Mas se hai plebiscitarias “en tres meses”

As principais organizacións sociais a prol da independencia de Catalunya volven saír á rúa e piden que se recupere a “unidade política” malia que non se pronunciaron sobre a posibilidade dunha lista única para as eleccións.

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya
photo_camera Manifestación en Catalunya

A presidenta da Asemblea Nacional de Catalunya, ANC, Carme Forcadell, avalou este domingo, nun acto masivo en Barcelona a prol da independencia, a votación anunciada polo Govern o 9 de novembro como substitutivo d consulta orixinal, pero avisou de que tamén será necesario organizar unhas eleccións catalás de carácter plebiscitario en "tres meses" para manter ese apoio.

Pronunciou estas palabras no acto que ANC e Òmnium Cultural -ambas as principais organizacións sociais independentistas- utilizaron para fixar a súa posición respecto á votación alternativa que propón Artur Mas logo da prohibición por parte do Estado español de facer o referendo de autodeterminación que convocou a Generalitat e que conta co apoio maioritario da cidadanía de Catalunya.

Así mesmo, Forcadell e a presidenta de Òmnium Cultural, Muriel Casals, esixiron aos partidos soberanistas recuperar a "unidade política" que tiveron até hai pouco, pero evitaron falar dunha lista conxunta do independentismo nesas plebiscitarias.

Máis en Països Catalans
Comentarios