Durán deixa a secretaria xeral de CiU a 4 meses do referendo

Durán i Lleida continuará como portavoz da coligazón no Congreso español. Nas súas últimas intervencións públicas insistía na ‘necesidade’ de recuperar o centro en Catalunya.

Durán i Lleida diante a imprensa

Durán i Lleida deixa o posto de número 2 de CiU, que levaba 13 anos ocupando. Tras as eleccións europeas, o cabeza visíbel de Unió anunciaba que abría un proceso de reflexión, proceso que semella que lle leva a abandonar o posto na ponte de mando da coligación nacionalista a apenas 4 meses do referendo soberanista.

Porén, Durán i Lleida manterase no posto de portavoz de CiU no Congreso español, unha decisión que non convece a parte de CDC, o partido que con UDC, conforma a coligazón. O actual conselleiro de Interior da Generalitat, Ramón Espadaler, é o nome que máis sona para substituír a Durán i Lleida na secretaría xeral de CiU.

Nas súas últimas intervencións públicas, e tal e como lembran en Vilaweb, Durán pronunciou se favor de “recuperar” o espazo de centro en Catalunya. O até de agora secretario xeral de CiU ten sido sinalado polos medios de comunicación madrileños como un dos alicerces sobre os que asentar unha 'terceira vía', equidistante do 'inmobilismo' do goberno español e do proceso soberanista. Mais o propio Durán dixo nesta segunda feira que a súa marcha estaba pactada con Artur Mas e non ten nada a ver co proceso soberanista.

Máis en Països Catalans
Comentarios