ERC, disposta a desobedecer unha eventual negativa xudicial ao referendo catalán

A formación independentista resta importancia ao posíbel veto do Tribunal Constitucional e lembra, por medio de Lluís Salvadó, que só se deben “á vontade do pobo”.

catalunya
photo_camera catalunya

O secretario xeral adxunto de ERC, Lluís Salvadó, advertiu este sábado de que o Tribunal Constitucional (TC) "non marcará" a evolución do proceso soberanista nin a celebración da consulta de autodeterminación de Catalunya do 9 de novembro.

"A única legalidade á que debemos o noso esforzo é á vontade do pobo", remarcou nunha entrevista a Catalunya Informació, na que invitou á sociedade civil e aos partidos favorables á consulta a artellar unha resposta conxunta ante unha eventual negativa do TC.

Salvadó restou importancia ás declaracións da vicepresidenta da Generalitat, Joana Ortega (UDC), nas que abriu a porta a aprazar a consulta, e vaticinou que "todo isto non son máis que declaracións pouco afortunadas do mes de agosto".

Máis en Països Catalans
Comentarios