O Parlament demanda a Pujol que compareza urxentemente

Cristóbal Montoro considera que no ‘caso Pujol’ conflúen varios delitos e di que ‘’non vai ficar impune’’. Podemos e Guanyem impulsan unha querela contra a familia Pujol Ferrusola.

O Parlement en pleno pide a Jordi Pujol que compareza con urxencia, “coa máxima celeridade”. Unha petición unánime da cámara catalá para que o ex-’Honorable’ explique a fraude de millóns de euros. De non facelo, organizacións como ERC, Icv, CUP, Cs e PP abren a porta a impulsar unha comisión de investigación.

Mentres, o ministro español de Fascenda, Cristóbal Montoro, afirmou que o caso Pujol “non vai ficar impune” e mesmo asegurou que pudieron ser cometidos varios delitos. Montoro desbotou que Pujol se acollese á amnistía fiscal e cualificou o acontecido como un dos maiores fraudes fiscais da historia da democracia.

E tamén en relación con este caso, Podemos e Guanyem anuncian que van interpoñer unha querela contra a familia Pujol Ferrusola.

Máis en Països Catalans
Comentarios