Un ritmo de 20.000 inscricións diarias para tomar parte na V polo dereito a decidir da Diada

Máis de 400.000 persoas anotáronse xa para tomar parte no acto da ANC e Òmnium para facer unha senyera humana xigante en forma de V de 11 km nas rúas de Barcelona.

Catalunya
photo_camera Catalunya

Falta pouco para o 11 de setembro e a locomotora de cataláns e catalás que queren reivindicar o seu dereito a decidir vai avante. Máis de 400.000 persoas anotáronse xa para tomar parte na configuración dunha senyera humana xigante (11 km) en forma de V. É, resaltan desde a organización, un ritmo nos últimos días de 20.000 inscricións diarias. O obxectivo é chegar a 450.000 anotados, un número que consideran que se vai atinxir. E calculan que por cada inscrito, asistan ao acto dous que non o estean.

ANC e Òmnium destacan a resposta cidadá, “moi positiva”. Mais destacan que ten que ir a máis porque a mobilización da Diada ten que ser “a máis grande da historia de Europa”.

Hai máis de 1.500 auto-carros reservados para que a xente poida asistir de diferentes partes de Catalunya a ese acto. A organización destaca que vendeu máis de 150.000 camisolas de apoio a este acto.

Máis en Països Catalans
Comentarios