Besteiro esixe á Xunta que as autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor sexan gratuítas

Besteiro, no centro, con cargos e representantes do PSdeG (Foto: PSdeG)

Reclama ao Goberno galego que aplique ás dúas vías de peaxe de titularidade autonómica o mesmo que pide para as dous estatais

O Grupo Socialista levará ao Parlamento galego a vindiera semana unha iniciativa para reclamar á Xunta da galiza a gratuidade das autoestradas AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Puxeiros-Val Miñor).

Así o anunciou esta quinta feria en Carballo (comarca de Bergantiños) o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quen lembrou que na Galiza hai catro autoestrada nas que se pagan peaxes, dúas delas de titularidade estatal (AP-9 e AP-53) e outras dúas, as antes citadas, pertencentes á Administración autonómica.

"Se pedimos a gratuidade para a AP-9 e para a AP-53, o lóxico é que tamén a pidamos para a AG-55 e a AG-57", afirmou Besteiro, para quen non debe haber "galegos de primeira e galegos de segunda" entre os usuarios e usuarias desas vías de alta capacidade dependente de quen sexa o propietario".

No acto do que informou o PSdeG nun comunicado e acompañado polos deputados Patricia Igrexas e Carlos López Font, José Ramón Gómez Besteiro remarcou tamén que os socialistas galegos uníronse á petición ao Goberno español de que se eliminen as peaxes nas autoestradas estatais, polo que é "de sentido común", ademais de "xusto", demandar os mesmos beneficios para os usuarios dos tramos Puxeiros-Val Miñor e A Coruña-Carballo.

O PSdeG destacou que o Goberno socialista no Estado aprobou rebaixas nas peaxes “cando o PP e o BNG votaban en contra”.

Con todo, sinalou que as bonificacións nas dúas autoestradas dependentes da Xunta son só de 25% nas viaxes de volta e non existen beneficios superior excepto en casos moi restrinxidos.

Unha traballadora ou un traballador que realice a diario, por exemplo, o traxecto entre Carballo e A Coruña para máis de 600 euros ao ano por usar a AG-55, unha vía pola que circulan cada día máis de 13.000 vehículos, con algúns nos que o tráfico se incrementa até os 15.000.