Feijóo usa Catalunya no seu discurso máis españolista
A barra libre aberta no discurso de Filipe VI ás posicións máis duras da direita españolista tivo un eco directo na sesión de abertura do debate do estado da nación. Feijóo tomou a palabra para pronunciar un discurso agresivamente españolista, un ataque feroz ás institucións democráticas de Catalunya. Crónica no Sermos266. Eis un avanzo.
Hai aberta unha competición no seo do unionismo a ver quen é máis duro, máis agresivo, até máis faltón con Catalunya. A carreira abriuna estes días atrás Rafael Hernando, o portavoz da formación conservadora na Cámara. Súa é unha frase para a galería das infamias: “ERC e a CUP están a desexar que haxa mortes”. Non foi apupado, non foi reconducido, polos seus chefes políticos. Ese é o discurso que promove a Moncloa.
Aberta a veda, Feijóo non quixo ser menos. O PP xa axendara o debate do estado da nación -en teoría a ocasión máis solemne do curso parlamentar- a semana seguinte ao 1-O, coa intención evidente de usar a cuestión catalá para monopolizar a discusión e dificultar á oposición a fiscalización do seu traballo naquelas áreas en que o titular da Xunta si ten competencias e responsabilidades directas.
[A íntegra desta crónica, unha dupla páxina, aparece no Sermos266, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]