Convocan concentracións en repulsa polo asasinato de Tatiana Vázquez

Mobilización contra a violencia machista en Vigo

Organizacións feministas chaman a se mobilizar perante o crime. O Xulgado de Instrución nº3 de Lugo decretou prisión provisional sen fianza para a súa exparella.

Nova vaga de mobilizacións perante o que podería ser o segundo asasinato machista de 2016 na Galiza. Á espera de que se formalice a acusación contra IIbrahima N., o único detido polo crime de Tatiana Vázquez en Lugo, o movemento feminista convoca concentracións de repulsa esta quinta feira (14 de abril) ás

 20 h. 

  • Ourense, na Castañeira 
  • Ferrol, perante a Casa do Concello
  • A Coruña, no Obelisco
  • Compostela, na Porta do Camiño
  • Noia, perante a Casa do Concello

    20:30h
  • Lugo, perante a Casa do Concello
  • Pontevedra, perante a Audiencia Provincial
  • Vigo, perante o MARCO

    19:30h
  • Val Miñor, Parque Ramallosa

 

Prisión provisional

Esta cuarta feira (13 de abril), Ibrahima N., pasou a disposición xudicial esgotadas as 72 horas de prisión preventiva fixadas pola lei e o Xulgado de instrución nº3 ordenou o seu ingreso en prisión, de forma provisional, comunicada e sen fianza.

Prestou declaración xudicial durante 45 minutos, segundo recolle La Voz de Galicia. Ibrahima N. nega os delitos que se lle imputal --malos tratos e homicidio-- e pediu ser posto en liberdade, dixo o seu avogado, perante a falta de indicios para o incriminar, defendeu. 

Porén, fontes próximas á investigación apuntan que podería ser enviado a prisión por orde xudicial nas vindeiras horas.