Restabelecida a circulación ferroviaria entre Pontevedra e Vigo, suspendida por un incendio perto da vía

Tren Avril na estación de Vigo-Urzaiz. (Foto: Europa Press)
En concreto, precisaron as fontes consultadas, o incendio afectou o momento quilométrico 17/000, á altura da boca do túnel de Xesteira, "entre as estacións de Redondela AV e Bif Arcade".

A circulación ferroviaria no Eixo Atlántico entre Pontevedra e Vigo foi suspendida desde as 17.40 horas até as 19.54 horas desta sexta feira por un incendio próximo á vía, segundo confirmaron desde o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

En concreto, precisaron as fontes consultadas, o incendio afectou o momento quilométrico 17/000, á altura da boca do túnel de Xesteira, "entre as estacións de Redondela AV e Bif Arcade".

Desde Consellaría do Medio Rural indicaron que o incendio empezou sobre as 17.20 horas na parroquia de Arcade, no municipio de Soutomaior (comarca de Vigo).

Tratouse dun fogo "moi pequeno", que afectou "bastante menos dunha hectárea", mais que estaba á beira da vía do tren. Desde Adif Tamén comunicaron que o incendio está "controlado".

Pola súa parte, Renfe apuntou que os bombeiros pediron que se cortase a circulación e que agora se estudaban "medios alternativos" pola repercusión nos viaxeiros e nas viaxeiras. Algunhas que esperan o tren en Pontevedra ratificaron a afectación en servizos ferroviarios.

"Aos que tiñan ligazón en Santiago co de Madrid mandáronos ir a oficinas, outros seguimos esperando", sinalaron despois de que no caso doutras persoas se lles comunicase que se ía pór ao dispor dun autobús de Pontevedra a Vigo.

En canto á situación, desde Adif expuxeron que "o incendio xa está extinguido, mais aínda non se restabeleceu a tensión no sistema de electrificación (catenaria), polo que aínda non hai tráfico" neste tramo de circulación ferroviaria do Eixo Atlántico.