O BNG esixe ao Estado solucións ante os atrasos dos trens Avril

Carme Da Silva urxe rematar coas deficiencias ferroviarias.
Tren Avril na estación de Vigo-Urzaiz. (Foto: Europa Press)
photo_camera Tren Avril na estación de Vigo-Urzaiz. (Foto: Europa Press)

A senadora do BNG, Carme da Silva, denunciou esta  quimnta feira as deficiencias do servizo de transporte ferroviario. Nesta liña, avanzou a presentación dunha nova iniciativa co obxectivo de interpelar o Goberno do Estado sobre as sucesivas xornadas de atrasos dos trens Avril, que acentuaron de maneira notábel durante a tempada estival. A este respecto, os propios datos achegados polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentábel sinalan que seis de cada 10 tres Avril chegan con atraso ao seu destino.

Nunha nota de prensa, Da Silva afirma que “Renfe e o Ministerio de Transportes non poden botar balóns fóra e andar pasando a pelota entre eles e Talgo. Existe un problema, por resumir as sucesivas xornadas de atrasos e caos, e o Goberno debe solucionalo”. Así, indicou que a tempada de verán está a provocar que se agrave “o que vén denunciando o BNG en reiteradas ocasións sobre o servizo de transporte ferroviario: unha eiva na planificación do servizo e falta de investimento para a modernización da rede”.

A responsábel nacionalista cualificou de “catastrófico” o funcionamento dos servizos Avril de Renfe “con incesantes avarías e atrasos a diario que se suman ao baixo nivel de comodidade”. A este respecto, lembrou que “o último dos casos é o sucedido esta semana no tren destino Madrid, Chamartín-Clara Campoamor onde as persoas usuarias estiveron atrapadas por máis de dúas horas sen electricidade, aire acondicionado e mesmo sen información”.

María Rivas

A subdelegada do Goberno do Estado na Coruña, María Rivas, responsabilizou dos atrasos dos trens Avril "en gran medida" as obra en Chamartín, en Madrid, mais asegurou que o Executivo estatal traballa para "tentar mellorar esa situación". 

Neste sentido, sinalou que "hai comunicación fluída coa Xunta e Renfe está a dispor de todos os usuarios e usuarias para estabelecer as compensacións necesarias". Ademais, destacou que o Estado “esixirá” a Talgo que cumpra cos servizos.

Comentarios