Opinión

Día da poesía

  O pasado xoves seica foi o Día da Poesía, suponse que internacional, que é como adoitan denominarse estas celebracións. Resulta asunto polémico isto dos “días de”, mais se a causa é xusta benvidos sexan, especialmente cando, como neste caso, non teñen nada que ver cos intereses comerciais de El Corte Inglés ou Coca Cola.

O pasado xoves seica foi o Día da Poesía, suponse que internacional, que é como adoitan denominarse estas celebracións. Resulta asunto polémico isto dos “días de”, mais se a causa é xusta benvidos sexan, especialmente cando, como neste caso, non teñen nada que ver cos intereses comerciais de El Corte Inglés ou Coca Cola. O de que Caneiro celebrase a poética data cunha columna de abondosa pedantería no periódico do oficialismo hai que asumilo como unha desgraza inevitable. 

Pero ese mesmo Día da Poesía volveron saír noticias sobre os excesos da banca, con tod@s como obxectivos pero agora Chipre no centro da diana. E lembrei a existencia dun poema deses cos que Charles Bukowski chamaba a romper convencións e que se titulaba 'O día que guindei unha conta bancaria pola ventá”. 

"Entón lembrei que segue vixente aquel desexo que escribiu hai décadas Curros Enriquez, cando pedía que “o pan non mo quiten / trabucos e préstamos”. 

Ese mesmo Día da Poesía, os operarios do Naval de Ferrol repetiron mobilización pola rúa para reclamar traballo, o mesmo que lles prometen e nunca lles dan, nunha lenta e cruel condena á miseria. E lembrei que Manoel Antonio cantaba aos “vapores burgueses / que nos ofrecen o remborque do seu fume / pero as nosas velas encalmadas / espantan a bandazos / as horas como moscas”. 

Ese mesmo Día da Poesía, á vez que nalgures alguén perdía a súa casa por culpa dun banqueiro, en Galiza policías armados perseguían a digna protesta de centos de persoas, a maioría de moita idade, ás que desde os poderes se lles roubou impunemente os aforros de toda unha vida nunha estafa chamada preferentes. Entón lembrei que segue vixente aquel desexo que escribiu hai décadas Curros Enriquez, cando pedía que “o pan non mo quiten / trabucos e préstamos”. 

Pasou o Día da Poesía. Pero estes versos de resistencia quedan. Polo contrario, os baleiros xogos florais en papel periódico dos amigos do réxime xa naceran esquecidos. 

Comentarios