Opinión

Lume e cinzas

Desta maneira e diante diso, as ( e os) e xa cos aguantes nos límites, coas paciencias e soportares ao raiar de se saíren de nai , collen e din que así non, e fan o que se debe. Daquela no explícito que marcan os manuais faes dirixentes , “ as e os de sempre” son chamados de todo e sinálanos culpables de moito máis aínda. Elas e eles , así llelo queren transmitir ás súas parroquias, son quen fomentan a tolería do desgoberno, a sinrazón e sen cortarse nada investidos de non se sabe, afirmar que elas e eles actuado así na rúa e no Parlamento feren o ser puro e limpo do esencial democrático. Que así non pode ser e que hai que tomar medidas. Vamos, e digámalo claro, que elas e eles nas súas intervencións, ao ir das verdades, son quen lles molestan. Fanos pruir nos escanos e poñer a nervios nos despachos. Elas e eles, esas e eses,“ as e os de sempre”. Claro, mirade vós, mismamente porque non queren que nada se peche en falso e pola contra esixen ( e na luz para todas e para todos) que cada quen apande co que debe . pois os do goberno en Galicia ( e derivacións) teñen moito e ben cualificado co que apandar.

 “...lume che din…cinza me queda ¡ Cinza…!”

                X.Mª Díaz Castro.

Fanos pruir nos escanos e poñer a nervios nos despachos. Elas e eles, esas e eses,“ as e os de sempre”.

Neste ando de mes patrio, nacional de Galicia, como decote ata arestora, por onda nós sempre afloran medias verdades para desviar e esconder actos e situacións deplorables. Desta forma, por poñer un caso, e xa hai días, ponse a circular o aquel de que os do BNG non son contundentes co rexeite do terrorismo e así, nesa serie de aires e axitares para alodar,  unha tras outra, han ir colocando lume a mecha , sopros con máis parvadas, pero está moi claro que a pólvora non reacciona de todo  e os titulares estelares dos xornais amigos serán reducidos a iso…a tinta de papel mollado. Pero doe. 

"Polo de pronto o do terrorismo non funcionou e houbo que encartar. Foi un ridículo como poñer bambáns nun cemiterio".

E doe porque a cousa non a poñen a andar con boas ideas, con intencións de boa xente e menos as poñen  baseadas nos argumentos precisos que a definan certeza. Medias verdades. Velaí o aquel de “ ou cicais si… ou vai ver ti… que algo queda…que así mellor... e que rule”. E niso os apoios totales das voces debedoras, servidoras, mediadoras, para que o asunto se mova e xa cando se lles contesta a estas afrontas, mentiras plenas, nesa resposta,  van e collen algo rechamante , pero descontextualizado, e fano circular tamén a maior intensidade acompañándose do aquel de “ velos e velas aí están, non o diciamos nós?”. Os aplausos a estes procederes son insultos inequívocoas ás inteligencias. Son moita comedia que se volve tamén tráxica. Máis ben patética. Pero de algo lles debe valer pois ano a ano, como a volta das andoriñas, cando as gaivotas veñen a terra adentro, sempre teñen materia na recámara para que, por exemplo, cando os lumes nos devoran, estes no saber das xentes teñan menos magnitudes. Que miren o que rula, a toda mentira, para que os cabreos polo certo se amainen ou se orienten a outras cousas que nada teñen que ver. Eles encárganse de lles dar importancia ( e canto máis duren mellor).
Perdamos coidado que han atopar, ou xa o teñen, algo co que dar movida e máis titulares. Polo de pronto o do terrorismo non funcionou e houbo que encartar. Foi un ridículo como poñer bambáns nun cemiterio. Pero han tratar de dar que consumir e se non hai…buscan. Buscarán.Agardemos e respiremos.   

Comentarios