Opinión

Unha xustiza colonial

A xustiza na Galiza é unha institución colonial.

A xustiza na Galiza é unha institución colonial. Trinta anos despois de ter sido ditada a primeira sentenza na nosa lingua, o galego é residual na administración de xustiza na nosa nación. Dito doutro xeito, a xustiza impón o español na Galiza e os dereitos das persoas galego-falantes continúan a seren irrespeitados, o cal vén significar que a oficialidade do galego non é efectiva nun ámbito moi relevante da vida social.

Todo isto sucede perante a complicidade da administración autonómica, que, embora residuais, algunha competencia si ten en xustiza. A defensa do galego nos xulgados, por tanto, exércena as e os cidadáns que demandan o seu emprego cando son usuarios dos servizos da xustiza e tamén un feixe de profesionais -maxistrad@s, xuízas e xuíces, avogad@s- que desde hai décadas loitan pola normalización da nosa lingua entre as togas.

A xustiza impón o español na Galiza e os dereitos das persoas galego-falantes continúan a seren irrespeitados

O problema básico é de natureza política. A xustiza aquí é un poder estatal e ferreñamente centralizado. Pór este asunto na axenda política é urxente. Do contrario, dentro de trinta anos, nada substancial terá variado e a percentaxe de sentenzas en galego será aínda testemuñal.

Comentarios