Opinión

Débedas

[Alberte Mera]

O Senado español acolleu onte o debate sobre o modelo de financiamento das comunidades e do Estado. Das distintas intervencións, queda clara a coincidencia maioritaria en que, como mesmo chega a recoñecer o Goberno español, o actual modelo é prexudicial para Galiza. O PSOE acordou con ERC dar a Catalunya a chave do seu financiamento, un cupo, en principio, como en Euskadi e Nafarroa. A senadora do BNG reclamou onte na Cámara Alta o con-certo económico para a Galiza, recadar e administrar os impostos que se pagan na Galiza, ter a chave do financiamento. O Partido Popular, pola contra, sitúase fóra da perspectiva maioritaria. Non só se opón ao avance do autogoberno no que ten a ver co económico, senón que, como dixo o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, esta mesma segunda feira, prefire priorizar "o café para todos" -acordar o financiamento co resto de comunidades- que negociar de ti a ti co Estado a condonación da débeda da Galiza. E é que... a quen haberá que pedir que a Galiza sexa dona dos impostos que aquí se pagan? A Canarias? A Asturias? A Murcia? Ou a quen ten esa competencia, que é o Estado español? Con este inmobilismo de Rueda Galiza está en risco de ficar no vagón de fondo do Estado, lonxe das nacións vasca e catalá

Comentarios