A atleta olímpica Rebecca Cheptegei, asasinada: o seu noivo atacouna con gasolina e prendeulle lume

A deportista competiu nos pasados Xogos Olímpicos de París, finalizou na posición co 44 a proba de maratón.
A atleta ugandesa Rebecca Cheptegei.
photo_camera A atleta ugandesa Rebecca Cheptegei.

A atleta ugandesa Rebecca Cheptegei morreu esta sexta feira días despois de ser atacada pola súa parella. O pasado domingo a deportista foi asperxida con gasolina e prendida lume polo seu noivo, no condado de Trans Nzoia, no oeste de Quenia, onde residía durante a temporada de adestramentos.

Desde entón Cheptegei permanecía ingresada no Hospital Universitario de Moi, en Eldoret con queimaduras no 80% do seu corpo. "Desafortunadamente perdémola despois de que todos os seus órganos fallasen a pasada noite", anunciou Owen Menach, director interino do hospital.

A atleta, de 33 anos, participou no maratón feminino dos pasados Xogos Olímpicos de París. Finalizou a proba no posto 44. O presidente do comité olímpico de Uganda, Donald Rukare, lamentou a morte de Rebecca Cheptegei en redes sociais.

"Soubemos do triste falecemento da nosa atleta olímpica Rebecca Cheptegei tras un brutal ataque do seu noivo. Que a súa doce alma descanse en paz e condenamos enerxicamente a violencia contra as mulleres. Este foi un acto covarde e sen sentido que supuxo a perda dunha gran deportista. O seu legado seguirá perdurando", escribiu Rukare.

Violencia machista

Tamén desde Federación de Atletismo de Uganda amosaron o seu pesar pola morte da deportista vítima da violencia machista. "Como federación, condenamos este actos e pedimos xustiza. Que a súa alma descanse en paz", sinalaron.

O presunto agresor, Dickson Ndiema Marangach, sufriu queimaduras graves no 30% do seu corpo e atópase ingresado no mesmo hospital de Eldoret.

Marangach coouse o pasado domingo na casa de Cheptegei cun bidón de cinco litros cheo de gasolina, segundo relatou a Policía. A atleta acudira á igrexa cos seus fillos e, ao regresar, o home lanzoulle o combustíbel e prendeulle lume.

[NOTA] O titular primeiro desta noticia foi substituído para remarcar o feminicidio do que foi vítima. A atleta ugandesa faleceu nun hospital de Quenia catro días despois de que a súa parella a atacase con gasolina e lle provocase queimaduras nun 80% do corpo.

Comentarios