A xuíz deixa en liberdade ao xogador Rafa Mir con medidas cautelares

A xuíz deixa en liberdade ao xogador Rafa Mir con medidas cautelares.
Rafa Mir chegando aos Xulgados de Llíria (Foto: Rober Solsona/ Europa Press).
photo_camera Rafa Mir chegando aos Xulgados de Llíria (Foto: Rober Solsona/ Europa Press).

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 8 do municipio de  Llíria (País Valencià), que estaba en funcións de garda, decretou na tarde desta cuarta feira a liberdade provisoria con medidas cautelares do futbolista do Valencia CF, Rafa Mir, e doutro home detido por presuntamente agredir sexualmente dúas mulleres.

Durante as comparecencias de prisión convocadas de oficio pola maxistrada, ningunha das partes acudidas no procedemento solicitou a medida de prisión preventiva para os arrestados, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana.

A titular do xulgado adoptou as medidas cautelares instadas polo Ministerio Fiscal e, desta maneira, impuxo a Rafa Mir a retirada do pasaporte e a prohibición total de saída do Estado español, xunto con comparecencias semanais en sede xudicial, ademais da prohibición de comunicación e de aproximación a menos de 500 metros respecto das dúas mulleres denunciantes.

Neste sentido, confirmouse que o futbolista queda investigado inicialmente, e sen prexuízo de ulterior cualificación, por un delito de agresión sexual con acceso carnal do artigo 179 do Código penal. O futbolista saíu das dependencias xudiciais en Llíria cara ás 17.45 horas e subiuse nun coche acompañado por uns familiares.

Pola súa parte, Pablo Jara, futbolista do Alcantarilla de Terceira RFEF e amigo de Mir, foi o outro detido. No seu caso  queda investigado por un delito de agresión sexual sen acceso carnal do artigo 178 do Código penal, e a maxistrada impúxolle como medida cautelar tamén a prohibición de comunicación e de aproximación a menos de 500 das dúas mulleres denunciantes, ademais de ter que comparecer de maneira quincenal quincenl en sede xudicial.

Comentarios