POLÍTICA
A Fiscalía pide prisión para dous ex alcaldes do PP de Nigrán por amañar o contrato do lixo a cambio de diñeiro
15/set./22
A Fiscalía pide penas de prisión, inhabilitación e multas para dous ex alcaldes e un ex concelleiro de Nigrán, Alfredo Rodríguez Millares (PP), Avelino Fernández Alonso (PP) e Antonio Fernández Comesaña (Unión Centrista de Nigrán), por amañar supostamente a adxudicación do contrato de recollida de lixo e limpeza, a cambio de 'mordidas'.