star
ECONOMÍA
O 'greenwashing' medra tamén no agro ecolóxico: "O consumidor está nunha xungla"
10/abr./24
Intereco, en colaboración co Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega), analizou esta cuarta feira nunha xornada en Compostela o 'greenwashing', unha táctica de mercadotecnia que engana facendo crer que unha empresa, campaña ou produto é respectuoso co medio ambiente cando non o é. Denuncian prácticas de 'branqueo ecolóxico' en campañas de Inditex ou Endesa.