Susana Villaverde, alumna da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) da Galiza, foi galardoada co premio do Certame de Microteatro de Memoria Histórica -impulsado pola Deputación de Pontevedra e pola ESAD- pola obra Espigas negras, para a que se baseou nos testemuños orais da súa familia.
A exposición, organizada polo Departamento de Lingua en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, está a disposición do público até o 17 de abril no vestíbulo do Pazo Provincial.
‘Cae de Caixón’ é un programa de captación e recompilación de fondos privados (imaxes, cartas e documentos) que poidan ter interese para a poboación pola súa relación co golpe de Estado de 1936, co tempo inmediatamente anterior ao golpe, ou co propio período da ditadura.
As proxeccións electorais non adiantan grandes mudanzas no reparto de escanos na Deputación de Pontevedra. Neste sentido, apostan por unha maioría na institución semellante á actual tras os comicios de maio.
Preside a Deputación de Pontevedra desde o ano 2015, en coalición co BNG, Carmela Silva (Vigo, 1960), pioneira en moitos cargos institucionais, mantén no seu discurso unha permanente reivindicación feminista de igualdade de dereitos. Refírese nesta entrevista á necesidade de concentrarse nas eleccións locais inmediatas sen preocuparse por quen encabezará no seu momento a candidatura socialista á Presidencia da Xunta da Galiza.
Un estudo realizado pola Uvigo certifica que arredor de 30% das súas estudantes reciben imaxes sexuais non desexadas a través da rede social Instagram.
A última actualización do informe de Dyntra sitúa a Deputación de Pontevedra por vez primeira no máis alto da súa clasificación xeral canda as de Ourense e Granada.
César Mosqueira enxalzou a "enorme" calidade dos estudos aspirantes que demostran que "o concurso de proxectos funcionou moi ben, extraordinariamente ben" a pesar dos "ambiciosos e exixentes" requirimentos para poder participar.
Elzbieta Rogowska, directora do departamento de Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional da República de Polonia, expresou "de corazón" o agradecemento ao Museo e á Deputación de Pontevedra pola rapidez e facilidades dadas para a restitución das obras.
O ‘Centro Goianés’ acolleu un acto organizado pola Deputación de Pontevedra, o Igadi, o Concello de Tomiño e o AECT Rio Minho. O evento contou con entrevistas, conexións internacionais con Portugal, Brasil, Cabo Verde e Sao Tomé de Príncipe, e música de Uxía para “poñer en valor a irmandade dos países de fala galega”.
Unha vez que se asine o documento por cada unha das Institucións, o cenobio das clarisas pasará ao dispor da Deputación para se integrar no Museo de Pontevedra.
Ramón Ocaña foi o fotógrafo de Cangas durante o século XX. O seu traballo documentou a vida social e política da vila durante aquela época, nunhas fotografías que a Asociación Cultural A Cepa rescatou e puxo á disposición da veciñanza no monográfico titulado Ramón Ocaña, o fotógrafo de Cangas
do século XX.