A Deputación de Pontevedra recompila con 'Cae de Caixón' documentos da ditadura
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a campaña 'Cae de Caixón' para recompilar no Arquivo Provincial imaxes e documentos de familias ou entidades privadas relacionados coa memoria. A nacionalista María Ortega destaca que os feitos relacionados co golpe do 36 e coa ditadura "non poden seguir baixo chave".