enerxía

Segue a evolución do prezo da electricidade en Nós Diario. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O prezo da luz dispárase este sábado e bate récord anual

O prezo da luz sitúase este sábado, 3 de xullo, en 94,23 euros o megawatt/hora, un nivel récord ao tratarse de sábado.

Parque eólico no Monte Seixo na Serra do Cando. (Foto: Carlos Solla)
SOCIAL

Os eólicos favorecen o despoboamento rural

A perda de poboación é unha constante en todos aqueles concellos de alta concentración eólica. Segundo sinalan diversas investigacións realizadas en diferentes universidades do Estado, as instalacións de produción de enerxía renovábel favorecen estas tendencias. A OCDE advirte do escaso emprego directo e indirecto xerado polos parques eólicos. A Galiza baleira é un bo exemplo disto. 
Parque eólico mariño.
star
SOCIAL

O sector pesqueiro, en pé de guerra contra Iberdrola

O proceso de desenvolvemento da enerxía eólica mariña na Galiza entra nunha fase decisiva. Mentres o Goberno do Estado dá por rematada a fase de exposición pública do Plan de ordenación dos espazos marítimos (POEM), os mariñeiros decláranlle a guerra aos parques eólicos promovidos por Iberdrola na costa de Ortegal e da Mariña. O sector do mar urxe un rexeitamento das Administracións aos proxectos.
 

O IVE da luz

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros extraordinario (Foto: M.Fernández / Europa Press).
ECONOMÍA

Aprobado o decreto para reducir a factura eléctrica

O recibo baixará de media 10% e o Estado español deixará de ingresar 1.257 millóns durante a vixencia das reducións.
Crianzas do colexio de Monfero colgan pancartas contra os eólicos. (Foto: Plataforma Monfero di non) #parqueeólico #eólicos #monfero #enerxía #iberdrola #colexio
SOCIAL

As crianzas de Monfero fechan o curso botándolle un pulso a Iberdrola

As nenas e nenos trasladaran a súa preocupación sobre as consecuencias do parque eólico de Pena do Corvo ás súas mestras. Así iniciaron unha campaña de protesta dentro das súas posibilidades.
O prezo da luz abeira un novo record.
ECONOMÍA

O recibo da luz aumenta un 46,5% no que vai de xuño e apunta ao máis caro da historia

Segundo datos de Facua-Consumidores en Acción.

Concentración convocada pola Federación Veciñal Eduardo Chao, na rúa Urzáiz de Vigo. (Foto: Alberte Mera) #luz #electricidade #suba #taxa #veciñanza #vigo #protesta
SOCIAL

Vigo mobilízase contra a "indefendíbel" suba da luz

A veciñanza viguesa concentrouse hoxe para protestar contra o recente incremento da suba da luz, unha cuestión que desde o colectivo convocante, Favec, consideran que privará moitas familias vulnerábeis dun "ben básico".
Escolares de Monfero pintan cartaces en contra dos eólicos. (Foto: Cedida) #monfero #parqueeólico #eólicos #eólica #campaña #enerxía #protesta
SOCIAL

"Non quero ser unha nena Iberdrola": As escolares de Monfero claman por un futuro sen eólicos

O alumnado vén de sumarse ás protestas contra o parque eólico Pena do Corvo. Por outra parte, algunhas veciñas falan da falta de implicación do Concello na loita contra este polígono enerxético malia os anuncios do alcalde. Mentres, o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, sinala o Estado español como culpábel da proliferación de proxectos.

Explotación gandeira ao carón de muíños eólicos (Nós Diario).
ECONOMÍA

As explotacións agrarias galegas viven un momento "catastrófico" polo aumento do prezo da luz

Os sectores que traballan con animais son os máis afectados polo incremento das tarifas eléctricas e as empresas fican en serio risco. As organizacións agrarias demandan bonificacións con urxencia diante desta situación.
Segue a evolución do prezo da electricidade en Nós Diario. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A luz atinxe esta terza feira o seu segundo prezo máis caro do ano

O recibo da luz dun usuario medio incrementou un 45,4% na primeira quincena de xuño, fronte ao mesmo período do ano pasado, segundo datos de Facua-Consumidores en Acción.

A batalla polo vento

Unha imaxe do observatorio ornitolóxico no esteiro do Anllóns. (Foto: Rede Galega Rural Vivo) #ruralvivo #eçolica #eólicos #parqueeólico #anllóns #pondal #esteiro #enerxía
SOCIAL

Alertan do posíbel dano eólico a un monte "con pegada pondaliana"

A Rede Galega por un Rural Vivo amósase preocupada polo proxecto en marcha para o monte das Salgueiras, no concello de Ponteceso.
Ana Pontón e Francisco Jorquera durante a recollida de sinaturas contra a suba da luz.
POLÍTICA

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a suba da luz

A formación nacionalista urxe ao Goberno que Galiza teña unha rebaixa na súa factura.
A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, durante a súa intervención no Congreso na sesión de control ao Goberno español (Foto: E. Parra. POOL / Europa Press).
ECONOMÍA

O Goberno español abre a porta a revisar o recibo da luz para facelo máis equitativo

A ministra Teresa Ribera recoñece que o Goberno español está a traballar nunha proposta máis equitativa na distribución de custos das persoas consumidoras.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na sesión de control ao Goberno no Parlamento galego (Foto: Ana Varela)
POLÍTICA

A oposición acusa Feixoo de cometer "corrupción en A" para favorecer o lobby enerxético

A proliferación de proxectos de megaparques eólicos na Galiza deu lugar a un debate de alta tensión no Parlamento con acusacións contra Feixoo de propiciar unha "corrupción en A" mudando leis "no DOG" para favorecer grandes compañías eléctricas. 

Rebumbio

Demetrio Gómez amosa un documento coa convocatoria. (Foto: BNG) #bng #demetriogómez #eólicos #parqueeólico #enerxía #invasión #protesta #pontevedra #soutomaior #pontecaldelas
SOCIAL

Pontevedra, Soutomaior e Ponte Caldelas loitarán na rúa contra a "invasión eólica"

O BNG da comarca chama á veciñanza a participar na marcha convocada para este domingo, 13 de xuño, ás 10 horas. A mobilización comezará na Cruz do Brasil, en Ponte Caldelas, e rematará no parque forestal da Fracha.
Parque eólico mariño en Bélxica. (Foto: Europa Press) #eólica #parqueeólico #eólicamariña #iberdrola #enerxía #greenalia #ortegal #amariña
star
ECONOMÍA

A eólica mariña apura o desembarco na Galiza: A Mariña e Ortegal son os primeiros obxectivos

A solicitude de Iberdrola ao Ministerio de Transición Enerxética para instalar dous parques eólicos mariños fronte ás costas galegas representa un paso decisivo para a xeración enerxética con esta tecnoloxía. Ao tempo, outros operadores do sector, entre eles o galego Greenalia, traballan en proxectos semellantes a executar noutros puntos do país. As iniciativas chegan nun momento de grandes incentivos públicos á produción renovábel, a través de programas como o Next Generation e cando o Executivo español traballa na elaboración dun plan para o desenvolvemento da eólica mariña. 

Por terra, mar e aire